Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 30 de julio de 2011

PREMIO AQUAGEST DE MINIBTT

EnlaceOs irmáns Xoel e Irea Villa foron os representantes do C.C. O Rosal no Premio Aquagest disputado no parque A Granxa do Sexto de Santiago de Compostela donde a pesar dos seus esforzos, acadaron uns discretos resultados.
Irea participaba na categoría Principiantes Feminina na que tiña que conformarse coa 9ª praza da clasificación e pola súa parte Xoel terminaba no 13º posto da categoría Infantíl.
Fotos da carreira

domingo, 24 de julio de 2011

I MINI BTT RIA DE MARÍN

Na mañan de hoxe o C.C. Marín organizaba a sua primeira proba de MiniBTT cunha gran afluencia de participantes e o cual o C.C. O Rosal acudía con catro ciclistas.
Na categoría Principiantes Masculino Iago facíase co 17º posto mentras que en Feminino Irea Villa terminaba 6ª.
Mais tarde en Infantís as irmans Portela facían o 4º posto para Claudia e o 5º para Elsa.
Fotos

sábado, 23 de julio de 2011

XXII G.P. CICLISTA MEIXOEIRO


Vitória para Mario e primeiro pódio para Yasir no XXII G.P. Ciclista Meixoeiro.
Comenzou a competición desta tarde coa categoría Alevín na que o noso representante Manuel Dorna se facía cun estupendo 5º posto.
Seguían os Infantís donde Xoel acadaba o 14º posto, Ero 15º e Zaida 16ª.
Terminaba a competición cos Benxamíns que voltaron a darnos outra alegría e desta vez por partida dobre porque un habitual do "caixón" como é Mario, facíase coa vitória pero a sorpresa viña de parte de Yasir que acadaba o seu primeiro pódio o terminar terceiro. Non menos importante era o 6º posto acadado por David que o fin da proba se mostraba un pouco desilusionado por non poder acompañar os seus compañeiros no pódio pero non ten de que preocuparse xa que coa progresión que está a demostrar, mais cedo que tarde tamén lle chegará a recompensa do pódio.
Fotos

viernes, 22 de julio de 2011

VII TROFEO CLUB CICLISTA CANGAS


Coa resaca do fantástico triunfo de Toni, quedóunos no "tinteiro" o VII Trofeo Club Ciclista Cangas que se disputóu o pasado domingo pero inda estámos a tempo de publicar os resultados que foron éstes.
Só participaban as categorías de escolas que non son outras que as de Benxamín, Alevín e Infantíl.
En Benxamín non oubo pódio e o millor clasificado era Iago que facía 6º, logo serían David 9º, Mario 10º, Irea 14ª e Yasir 18º.
O Alevín Manuel Dorna acababa no 7º posto mentres que en Infantís Ero era 13º, Zaida 25ª e Xoel con problemas físicos non acabou a carreira.
Fotos

lunes, 18 de julio de 2011

Recibimento a Toni no IFEVI de Vigo


Familiares, amigos, compañeiros e directivos do Club Ciclista O Rosal acudíamos nesta madrugada do domingo po luns o IFEVI de Vigo donde agardábamos con impaciencia a chegada do CAMPIÓN DE ESPAÑA que viaxaba no autobús da Federación Galega de Ciclismo. Presentabamonos alí en Cotogrande a unha e media da madrugada tendo que agardar até as 4:30 horas na que o autobús facía a súa entrada no aparcadoiro do IFEVI e de él baixaba un Toni sorprendido polo recibimento que non se agardaba das máis de 30 persoas desprazádas até o lugar.
Despois de que o Presidente Gerardo lle agradecese o éxito acadado, Toni comentábanos como fora o desenrolo da carreira e as experiencias vividas en Zaragoza, para o final poñer rumbo O Rosal na compaña de todos.
FELICIDADES CAMPIÓN.
Fotos

domingo, 17 de julio de 2011

TOÑI CAMPION DE ESPAÑA

Foto Pariver.com Na mañan de hoxe Antonio Portela proclamouse ¡¡¡¡¡CAMPIÓN DE ESPAÑA CADETE!!!!!.

Este ano Toñi non deixa de agasallarnos con triunfos. Comenzaba a tempada co título de Campión de Galicia 2011 de Ciclocross donde o seu compañeiro de equipo Raúl era terceiro, continuaba co 14º posto da mesma especialidade no Campionato de España en Zamora para logo acadar o 3º posto no Campionato de Galicia de BTT con Raúl 4º. Continuaban os éxitos na pasada fin de semana en Marín coa madalla de Bronce no Campionato de Galicia de Fondo para desprazarse o pasado xoves a Caspe (Zaragoza) e no día de onte quedar cuarto no Campionato de España de Contrareloxo para no día de hoxe poñer o broche de Ouro con ésta medalla que o acredita como o CAMPIÓN DE ESPAÑA CADETE 2011. Sen dúbida o Club Ciclista O Rosal séntese orgulloso de ter na súa plantilla un ciclista das cualidades de Toñi que fai que leve o nome do noso Clube e o do Concello de O Rosal xa non só por Galicia adiante, sinón que tamén o resto de España saiba dos seus éxitos. Moitas felicidades.

sábado, 16 de julio de 2011

Toni Portela 4º no Campionato de España

Toni non deixa de sorprendernos con boas noticias e desta volta foi nos Campionatos de España que se están a celebrar en Caspe (Zaragoza) e non foi doutra maneira que co 4º posto acadado na modalidade de Contra o Reloxo da categoría Cadete a tan só 9 segundos do vencedor da proba que foi Sergio Dominguez da Comunidade Valenciana. O outro representante galego era o rival e compañeiro de Toni, Angel Diz do Spol Novacaixagalicia de Porriño que finalizou no posto 13º.
É sen dúbida un grande resultado para o noso ciclista que mañán domingo disputará a proba de estrada.
Por outro lado as representantes da Selección Galega acadaron o 3º posto e medalla de bronce na categoría Infantíl Feminina por equipos.
Moitas felicidades a tod@s el@s.

domingo, 10 de julio de 2011

Medalla de Bronce no Campionato de Galicia

Celebráronse hoxe os Campionatos de Galicia de Fondo en Carretera en Marín donde Toni Portela se facía coa medalla de Bronce o acabar no 3º posto da categoría Cadete.
Comenzaba a competición coa categoría Cadete na que Cristóbal, Pablo, Adrián Dorna e Adrián Vicente non acababan a carreira o quedar descolgados e ser eliminados polos xuices árbitros. Raúl pola súa parte despois dunha caída acontecida na primeira volta, chegaba nun meritório 11º posto. A vitória era para Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) que chegaba destacado a meta e logo na loita polo segundo posto había un espectacular esprint entre Toni Portela e Angel Diz (C.C. Spol) que o final se decantaba do lado do porriñés que era segundo e Toni terceiro.
En Júnior comenzaba a carreira cun ataque nos primeiros kilómetros por parte de Kevin e Iván na compaña doutros dous ciclistas chegando a obter unha vantaxe de 40 segundos pero cando chegaron as primeiras rampas Kevin era engulido polo pelotón quedando descolgado uns kilómetros máis adiante. O segundo en quedarse atrás era Alex e o terceiro en descolgarse era Iván. Pola súa parte Manuel González a pesar da súa falta de adestramento iba aguantando o tirón do grupo para quedarse atrás a 500 metros do porto de montaña e ainda que na baixada recuperaba algo de tempo, non era quien de contactar co pelotón. O que sí sacaba forzas de donde non as tiña era Alex que conseguía conectar con Manuel e outros dous corredores da Fundación Oscar Pereiro que xuntos fixeron varios kilómetros pero que o final eran baixados da carreira o ser a súa desvantaxe superior os tres minutos coa cabeza da carreira que foi gañada por Jacobo Ucha (C.C. Spol).
Fotos

Por outro lado Claudia i Elsa Portela desprazabanse até Ponteareas donde se disputaba o I Trofeo de Guláns de MinBTT. Claudia remataba 4ª i Elsa 5ª.

sábado, 9 de julio de 2011

XVIII TROFEO FESTAS DE SAN BENITO


XVIII TROFEO FESTAS DE SAN BENITO en Porriño que para as categorías de escolas se disputaba na pista de ciclismo desta localidade con un novo podio para o C.C. O Rosal.
Comenzaban os Benxamins donde Irea era a millor clasificada no posto 8º seguida de Mario 11º,Yashir 13º e Iago 16º.
Era na categoría Alevín donde o noso único representante Manuel Dorna se facía cun desexadísimo podio o acadar o 2º posto.
En Infantís Ero terminaba 18º, Xoel 24º e Zaida 25ª.
Fotos

domingo, 3 de julio de 2011

XX G.P. Ciclista Teis

Duas novas vitórias dos ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores, desta vez no XX G.P. Ciclista Teis.
Comenzaban os Alevíns e Mario voltaba de novo o mais alto do Pódio o vencer con claridade a proba de Ximcana. Gran resultado tamén para David que nunha moi boa proba sen cometer erros, acadaba o 6º posto e outro tanto podemos decir de Yashir que se facía co 12º.
En Infantís Zaida era a única clasificada e facíao no posto 25º.
E xá para rematar a mañán era Toni o que tamén voltaba o mais alto do "caixón" o levarse a vitória da categoría Cadete por diante de Angel Diz (Spol) e Diego Somoza (Compostelano). Grandes resultados tamén para Adrián Vicente que fixo 6º, Raúl 10º, Pablo 25º e Cristóbal 28º.
Por outro lado Elsa e Claudia Portela desprazabanse até Porriño donde disputaban o II Trofeo Horacio Barros de MiniBTT na categoría Infantíl e Claudia de novo voltaba o pódio co 3º posto acadado mentres que Elsa era 4ª.