Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de marzo de 2017

CLUB CICLISTA O ROSAL 2017


Na tarde de onte sábado o Club Ciclista O rosal fixo a súa presentación de cara a tempada 2017.
Nun acto presentado polo xornalista local Juan Ramón Martínez Barbosa, un por un foron subindo o escanário do Auditório Municipal tódolos integrantes da plantilla para presentarse ante o público presente na sala entre os que contabamos coa directiva da Comunidade de Monte de Santa Mariña encabezada polo seu presidente Isaac González, o alcalde Jesús Mª Fernández acompañado do concelleiro Angel Martínez e tamén con Begoña Carpinteiro e Esteban Lorenzo en representación da Federación Galega de Ciclismo .
O presidente Gerardo Alvarez Martínez fixo un repaso polos resultados acadados na tempada 2017 e os proxectos para éste 2017.

E despois uns bos pinchos para confraternizar.



                                              PODIOS DA TEMPADA 2016


     PLANTILLA 2017

SUB-23
Xoel Villa Rodríguez
JUNIOR
María Correa Rubio
Francisco Méndez Dias
CADETE
Iago Álvarez Lomba
Irea Villa Rodríguez
Mario Fernández Lorenzo
INFANTIL
Adrian Alonso Domínguez
David Rodríguez Alvarez
Sergio Vicente Fernández
Yasir Martínez Silva
Luís Mendez Días
ALEVIN
David Carnero Taveira
Emilio González Jiménez
Iker Rodríguez Lomba
Rubén Carnero Taveira
PRINCIPIANTE
Alvaro González Míguez
David Vicente Fernández
Irene Rodríguez Alvarez
Pablo Rodríguez Otero
PROMESA
Iker González Baz
Lucas Alvarez Lomba
Roi Alvarez Rodríguez

domingo, 12 de marzo de 2017

MARIO FERNÁNDEZ COMENZA A NOVA TEMPADA CON VITÓRIA

Despois de rematar a tempada de Ciclocróss e da pausa para coller forzas de novo, oxe deu comenzo a nova tempada 2017 para o Club Ciclista O Rosal con Mario Fernández que tomaba parte no BIKE CONTEST de BTT na modalidade de Enduro en Vigo, e para sorpresa de todos, Mario subía o mais alto do Pódio o vencer na categoría Cadete.
Pola súa parte María Correa inauguraba a tempada de Estrada no VIII CIRCUITO TEENSE no concello de Teo donde competía na categoría Júnior xunto cos da categoría masculina donde remataría no terceiro posto.

PRESENTACION DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2017



O vindeiro sabado día 18 as 18:30 horas o Club Ciclista O Rosal vai facer o acto de presentación da súa plantilla para a tempada 2017.
Será no Auditório Municipal de O Rosal donde se celebrará ésta ceremonia de presentación polo que o C.C. O Rosal convida a tódolos socios, afeccionados e simpatizantes deste Clube a que asistan para arroupar os nosos rapaces e rapazas neste día tan especial para eles.