Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 28 de noviembre de 2011

Ciclocross de La Morgal (Asturias)


Outra fructífera xornada para os integrantes do Club Ciclista O Rosal no día de onte, desta vez o desprazamento foi de novo a terras asturianas, concretamente na localidade de La Morgal e os nosos ciclistas voltaron a desmostrar que vaian donde vaian, sempre loitan polos primeiros postos.
En Cadetes de novo Raúl voltaba a demostrar que está moi en forma e para que o seleccionador galego se fixe en él de cara os Campionatos de España a disputarse no vindeiro mes de xaneiro en Gandía , loita sempre polos primeiros postos e desta vez foi co segundo posto acadado. Un sorprendente Cristóbal acadaba un traballadísimo 8º posto.
En Júnior de novo Manuel e Toni voltaban a brillar cos 2º e 3º postos respectivamente acadados e que tamén estan a sumar méritos para acudir a Gandía. Alex Lomba quedaba un pouco mais descolgado e terminaba nun espléndido 7º posto.
Fotos de José Carlos Fernández

domingo, 20 de noviembre de 2011

COPA DE PORTUGAL EN SOBRADO (VALONGO)


Vitória de Manuel e segundo posto de Raúl na Copa de Portugal de Ciclocross disputada ésta mañán en Sobrado (Valongo).
Tempo espléndido para a práctica do Ciclocross donde comenzaron os Cadetes e Raúl situabase na cabeza da carreira durante duas voltas para logo ser superado por Ivan Conde (C.C. Maceda) e pasar a unha marcaxe sempre a moi curta distancia o que facía que a carreira non se decidise ata os intres finais donde a Raúl se lle escapaba a vitória por uns escasos cinco metros e acadando desta maneira o 2º posto.
En Junior asistíamos a un monólogo de Manuel González xa que nos deleitaba cun auténtico recital durante toda a carreira situandose na cabeza da mesma dende o pitido de saída ata o final, dominando e controlando os seus riváis con moita cabeza fría que lle valía para facerse coa vitória por diante do Campión Portugués.
Toni Portela acababa 8º e Alex Lomba 9º.
Fotos da carreira 

domingo, 13 de noviembre de 2011

VIII MEMORIAL ANDRES MENDEZ EN NAVIA


Segunda xornada  don nosos ciclistas por terras asturianas, concretamente na vila de Navia para disputar o VIII MEMORIAL ANDRES MENDEZ e donde salvo Manuel González , todos milloraron os resultados acadados no día de onte.
Comenzaron os cadetes e de novo gran carreira de Raúl que milloraba un posto con respeito a onte en Xixón acadando o 9º posto.
En Junior o primeiro "rosaleiro" era de novo Manuel que baixaba dos postos para acabar 8º, Toni Portela tamén milloraba un posto para acabar 12º. Outro que tamén milloraba outro posto era Alex Lomba que terminaba 28º.
Moi bos estes resultados acadados polos integrantes do Club Ciclista O Rosal tendo en conta que se medían os millores ciclistas de España xa que ésta proba tamén era puntuable para a Copa de España.
Fotos de José Carlos Fernández

sábado, 12 de noviembre de 2011

III TROFEO VILLA DE GIJÓN DE CICLOCROSS


As tres e media da madrugada de hoxe partían cara a Xixón (Asturias) para participar no III TROFEO VILLA DE GIJÓN DE CICLOCROSS puntuable para a Copa de España da especialidade o cadete Raúl Fernández, os junior Alex Lomba, Manuel González e Antonio Portela os que acompañaban o Director Deportivo José María Alvarez e mailo directivo do Clube José Carlos Fernández.
As 12:30 horas comenzaban os cadetes e Raúl como sempre dando todo o que leveba dentro, acadaba un interesantísimo 10º posto na clasificación final.
Máis tarde eran os Junior os que tomaban a saída donde un combativo Manuel demostraba o seu alto nivel acadando o 6º posto. O seu compañeiro Toni Portela que se está aclimatando a unha categoría nova para él acadaba un estupendo 13º. Gran carreira tamén a realizada por Alex que o final terminaría no 29º lugar da clasificación.
Unha vez terminada a carreira collían ruta cara a Navia donde pernoctarán para mañán de mañán participar no VIII MEMORIAL ANDRÉS MÉNDEZ puntuable tamén para a Copa de España.
Fotos de José Carlos Fernández 

domingo, 6 de noviembre de 2011

III Marcha BTT Serra da Grova

O Club Ciclista Guardés en colaboración cos Concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e do Club Ciclista O Rosal, organizou a III Marcha BTT Serra da Grova nesta mañán espléndida para a práctica do ciclismo cunha lista de inscritos que superaba a cifra de douscentos participantes.
O circuito que constaba de máis de 30 kilómetros, partía da Sangriña  (A Guarda) para encarar a durísima subida o Torroso pasando logo polo Alto da Cruz da Portela (O Rosal) e dende alí cara a San Martiño e Muiños do Folón (O Rosal) para encarar a subida a Santa Comba (Oia) para máis adiante comenzar a espectacular baixada cara Acevedo (Oia). Dende alí xa co terreo máis plano a ruta continuaba cara o Muiño das Aceñas (O Rosal) donde estaba situado o "abituallamento" para continuar logo pola veira do Río Miño e rematar a proba de novo na Sangriña.
Fotos da marcha.