Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de mayo de 2023

PODIOS DE XOEL EN CUNTIS E DE ANTÍA E ROI EN CARBALLO

 

Como comentamos no encabezado, no día de onte sábado acadaronse tres novos podios e os tres supoñían a estrea para Antía Xoel e Roi.
 
Comenzamos polo II Mini BTT Vila de Cuntis donde os nosos disfrutaban dunha mañá de ciclismo para os máis cativos.
En Benxamín o millor clasificado era Aitor Castro no 10º posto e seguido moi de preto por Lucas González no 14º. En féminas a irmá deste último, Rosalía clasificaba no 9º lugar. En Promesa o 8º posto era para Iván Lázaro.
En Alevín chegaba o podio de Xoel González o rematar no 3º posto. Nesta mesma categoría Aitor Gil era 25º, Mateo Rodríguez 34º e Tiago Cedeira 61º.
 
Atravesamos Galicia adende o sur o extremo norte, a Terras de Bergantiños donde se disputaba o Trofeo Concello de Carballo cos outros dous podios de Antía Alvarez Fernández e seu irmán Roi.
 
Era precisamente éste último o que acadaba o segundo posto na categoría Promesa , que lle permitía colleitar o seu primeiro trofeo da tempada. En féminas Alba González facía 5ª mentras que súa irmá Lucía tamén era 5ª pero da categoría Principiante.
En Alevín feminino como comentabamos máis arriba, Antía se fecía co 3º posto e Saray Coimbra co 9º, mentras que en masculino Iker González era 14º e Diego Coimbra 17º.
 O que tamén facía 14º era Aitor Rodríguez na categoría Infantil mentras que en Cadete o 10º era para Unai Fernández.
 
 
 
 

miércoles, 24 de mayo de 2023

RESUMO DA DERRADEIRA SEMANA





Esta pasada semana comenzaba no mércores 17, Día das Letras Galegas co Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual que se disputaba en Cerceda coa participación da nosa equipa de Cadete composta por Unai Fernández e Irene Rodríguez.

Irene acadaría o 9º posto, mentras que Unai era 22º.

Na tarde do sábado 20, tres dos nosos partían cara a terras coruñesas para participar no I MINI BTT VILA DE AS PONTES, clasificando no 7º posto a Xoel González e no 37º a Mateo Rodríguez na categoría Alevín e a Marco Rodríguez 11º en Principiante.

Xa na mañá do domingo 21 era o groso do noso equipo o que madrugaba con destino a capital de Galicia para disputar XXII CARREIRA DA ASCENSIÓN.

Na categoría  Promesa masculino chegaba o único podio da xorna da mán de Iván Lázaro que remataba na 2ª posición seguido de Roi fernández na 5º, mentras que Alba González facía 7ª en feminino.

En Principiante Marco Rodríguez clasificaba 5º mentras que en feminino Lucía González era 7ª e Alba Rascado 8ª.

Brillante 10 posto de Xoel González en Alevín cos non menos interesantes 18º de Mateo rodríguez, 21º de Iker González, 25º de Diego Coimbra e o 31º de Tiago Cedeira. En feminino o 7º posto era para Saray Coimbra e o 8º para Antía Fernández.

O Infantil Aitor Rodríguez acadaba o 18º posto mentras que en Cadete feminino o 5º era asinado por Irene Rodríguez

En Ponteareas o cadete Unai Fernández participaba no IV Enduro das Rosquillas acadando o 11º lugar.

AS PONTES

SANTIAGO


 


domingo, 14 de mayo de 2023

CONTINUAMOS COLLEITANDO ÉXITOS

 




Onte en Rois pola mañá e en Padrón pola tarde. Hoxe en Ribadumia. Esta foi a nosa axenda desta fin de semana.

ROIS: Irene Rodríguez 6º Cadete feminino e Unai Fernández 11º Cadete masculino.

PADRÓN

PROMESA Darío Castro 3º e Simón Amaro 6º.

PRINCIPIANTE: Marco Rodríguez 4º e Lucas Amaro 15º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Lucía González 2ª e Alba Rascado 5ª.

ALEVÍN FEMININO: Saray Coimbra 3ª.

ALEVÍN MASCULINO: Iker González 15º e Tiago Cedeira 16º.

INFANTIL: Aitor Rodríguez 14º. 

RIBADUMIA

BENXAMÍN: Aitor Castro 10º

PROMESA: Iván Lázaro 5º e Hugo Torres 28º.

ALEVÍN: Xoel González 7º, Mateo Rodríguez 30º, Aitor Gil, 31 e Tiago Cedeira 61º.

PADRÓN

RIBADUMIA





sábado, 6 de mayo de 2023

MINI BTT DE BEMBRIVE (VIGO)

Novo fin de semana e de novo volta a competición, desta vez no VIII TROFEO ENTIDAD MENOR  DE BEMBRIVE DE MINI BTT. con estes resultados:

BENXAMIN: Aitor Castro 13º e Lucas González 14º

BENXAMIN FEMININO: Rosalía González 7ª

PROMESA: Iván Lázaro 8º, Darío Castro 15º, Roi Fernández 17º, Simón Amaro 19 e Hugo Torres 22º

PRINCIPIANTE: Lucas Amaro 14º

ALEVÍN: Xoel González 8º, Aitor Gil 25º, Mateo Rodríguez 26º e Tiago Cedeira 46º

INFANTIL: Roi Alvarez 15º

FOTOS