Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

viernes, 17 de febrero de 2012

A GALA DO CICLISMO NA TVG2

Mañán día 18  a TVG2 vai emitir unha reportaxe da Gala do Ciclismo Galego que se celebrou o pasado sábado en Cambados. Nesta Gala entre outros foron premiados o Club Ciclista O Rosal e os seus ciclistas Manuel González, Antonio Portela e Raúl Fernández.
A emisión vai ser pola canle da Televisión de Galicia TVG2 no descanso do partido de fútbol Deportivo-Barcelona B o que ven a ser as 18:45 horas mais ou menos e entre os entrevistados atoparemos a Toñi Portela e o exciclista do C.C. O Rosal Aser Estévez.

domingo, 12 de febrero de 2012

O C.C. O Rosal e os seus ciclistas foron premiados pola Federación

No día de onte as 20:00 horas celebróuse no Auditório de Cambados a Gala do Ciclismo Galego 2012 na que a Federación Galega de Ciclismo agasalla os ciclistas i entidades máis destacados da tempada recentemente finalizada e entre eles atopábanse como non podía ser doutra maneira tres dos nosos ciclistas. Raúl Fernández recibiu o Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocróss 2.011-2.012 na categoría Cadete. Manuel González tamén foi agasallado polos mesmos méritos, e decir Premio como líder do rankin galego e como Campión Galego de Ciclocróss 2.011-2.012 pero na categoría Júnior. Pola súa banda Antonio Portela foi agasallado polo éxito acadado no Campionato de España disputado no mes de xullo en Caspe (Zaragoza) no cual se proclamou como brillante Campión de España Cadete 2.011 en Carretera.
Pola sua parte o Presidente Gerardo Alvarez recolleu o Premio en recoñecemento os éxitos colleitados e a labor de Promoción do Ciclismo de Base.
Tamén queremos destacar que o fin da Gala Toñi Portela foi entrevistado polo xornalista deportivo da TVG Terio Carrera para un resumo da citada Gala que será emitido pola TVG2 en data ainda por confirmar.
Sen dúbida unha tempada chea de éxitos que a Federación Galega soubo recoñecer e que dende a Directiva do Club Ciclista O Rosal agardamos poder continuar nos vindeiros anos.
Fotos da Gala.