Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 30 de junio de 2014

ZAIDA FAI TERCEIRA EN NEGREIRA

O pasado sabado día 28 pola tarde tiña lugar o II TROFEO CONCELLO DE NEGREIRA (A CORUÑA) e ata alí desprazámonos cunha parte do plantel do C.C.O Rosal.
En Alevíns era Iago Alvarez o que estaba mais perto do Pódio o rematar no 6º posto mentras que Luís Mendez era 11º, e Adrian Alonso 26º mentras que en Féminas Laura Teniente era 4ª e Irea Villa 5ª.
En Infantís Mario Fernández remataba no 20º posto mentras que Fran Mendez era 29º e David Fletcher remataba 40º.
 Continuaban os Cadetes con Ero Sobrino no16º posto e Xoel Villa no 28º. Era a súa compañeira Zaida Martínez a que acadaba un posto de honra o rematar 3ª en Féminas.
Pola súa parte o Júnior Raúl Fernández que puña todo da sú parte, remataba 7º a oito segundos do vencedor.
Fotos da carreira.

martes, 24 de junio de 2014

O CLUB CICLISTA O ROSAL VAI ORGANIZAR OS CAMPIONATOS DE GALICIA CRI

O vindeiro 12 de xullo o Club Ciclista O Rosal vai asumir un grande reto como vai ser a organización do Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual (CRI) para todas as categorías.
As categorías de Master 50 e 60, Cadetes e Féminas (Cadete, Júnior i Elite) farán un circuito de 12,5 Kms. con saída e chegada na Praza do Calvario (O Rosal)
Júnior, Master 30 e Master 40 farán o mesmo percorrido dos anteriores pero ampliado a 18, 1 Kms.
Sub 23, Elite e Sénior circuito ampliado a 25,3Kms.
O percorrido destas categorías tamén vai discurrir polos veciños concellos de Tomiño e A Guarda
Para a organización deste evento tan importante para a comarca, o C.C. O Rosal vai contar coa inestimable axuda dos concellos de O Rosal, A Guarda e Tomiño así como da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, Conservas Vexetais A Rosaleira, Fundación O Rosal e outras institucións públicas e privadas.

domingo, 22 de junio de 2014

RAÚL 8º NO TRIPTICO 2014-III RUTA DO ALBARIÑO

                                                 FOTO: ESPE SIMÓN
 
No día de onte sábado o rosaleiro Raúl Fernández tomaba a saída na primeira etapa do III Triptico Ruta do Albariño 2014 donde no primeiro sector nunha crono-escalada de 3 Kms. (Meaño-Alto do Busto) remataba 9º para logo no segundo sector en liña de 54 Kms. (Meaño-Meaño), facía 14º a 11 segundos do vencedor.
Xa hoxe pola mañán notra etapa en liña de 69 Kms. (Cambados.Cambados) remataba 12º co mesmo tempo que o gañador.
Con éstes resultados, Raúl quedaba no 8º posto Júnior e 14º absoluto.

viernes, 20 de junio de 2014

MARÍA E ZAIDA VAN COMPETIR NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A Infantíl María Correa e a Cadete Zaida González veñen de ser seleccionadas para representar a Galicia nos Campionatos de España en Idade Escolar a disputarse en Jaén entre os días 4 e 6 de xullo.
Dende o Club Ciclista O Rosal desexamoslles moita sorte.
Nesta categoría lembramos que no ano 2.011 Antonio Portela xa foi Campión de España. Por certo lembrar que Portela que agora milita no Super Froiz, tamén ven de ser selecionado para os Campionatos de España Sub-23 de Fondo e de Contrarreloxo Individual.
Moita sorte tamén para él

lunes, 16 de junio de 2014

OUTROS CINCO PÓDIOS ROSALEIROS EN VIGO




Na tarde de onte domingo en Bembribe (Vigo) o C.C. O Rosal conquistou outros cinco novos Pódios dos cuales foron unha vitória, dous segundos e dous terceiros postos.
Comenzaron como de costume os Principiantes e de novo Yasir Martínez non deixaba escapar a vitória seguido polo seu compañeiro David Rodríguez que acadaba o 2º posto, Iker Rodríguez 6º, Sergio Vicente 10º, o irmán deste último David Vicente 15º e Pablo Rodríguez 20º.
En Alevíns Iago Alvarez era 9º mentras que nas Féminas chegaba outro Pódio de parte de Irea Villa que nun gran esprint final conseguía facerse co terceiro posto.
Pola súa parte os Infantís remataban 30º Mario Fernández e 34º David Fletcher mentras que a Fémina María Correa subía de novo o “caixón” o rematar na 2º posición.
A Cadete Feminina Zaida González, era a encarregada de facerse co 5º trofeo o rematar na terceira posición mentras que os seus compañeiros masculinos tiñan desta volta unha discreta actuación i Ero Sobrino era o millor calsificado o rematar 22º, Xoel Villa 29º e Manuel Dorna vítima dunha avaría mecánica quedaba moi retrasado e terminaba a proba na 37º posición.
Tamén onte pola mañán en Teo, o Júnior Raúl Fernández reaparecía despois de dúas semanas convalecente e acadaba un prometedor 5º posto.

domingo, 8 de junio de 2014

PLENO ROSALEIRO NO PODIO DE PRINCIPIANTES NA PRAZA DO CALVARIO


No IX TRFEO COMUNIDADE DE MONDES DE SANTA MARIÑA organizado polo C.C. O Rosal coa colaboración da Comunidade de Montes de Stª Mariña, Concello de O Rosal e Protección Civil de Tomiño e tódalas firmas comerciasis que colaboraron nesta tarde de ciclismo, os Principiantes do noso Clube coparon o Pódio da categoría e aínda máis xa que o C.C. O Rosal conseguíu clasificar os seus seis integrantes nos oito primeiros postos.
O máis alto do caixón voltaba o dominador da tempada que non é outro que Yasir Martínez acompañado por David Rodríguez no 2º posto e Sergio Vicente no 3º. Pablo Rodríguez era 5º, David Vicente 6º e Iker Rodríguez 8º. Sen dúbida unha grande fazaña para os nosos ciclistas máis novos.
En Alevíns Iago Alvarez loitaba durante toda a carreira polos postos de cabeza para o final rematar 6º. Pola súa parte Luís Mendez sofría unha caída que lle impadía millorar o 20º posto acadado mentras que o combativo Adrián Alonso remataba nun destacado 27º posto.
En Alevíns Feminas Laura Teniente a piques estaba de subir o Pódio o rematar na 4ª posición seguida de Irea Villa na 5ª e Sara Alvarez na 6ª
En Infantís Mario Fernández remataba 19º, David Fletcher 35º e Fran Mendez 36º mentras que a Fémina María Correa voltaba a subir o "caixón" o rematar 3ª.
En Cadetes o millor clasificado sería Ero Sobrino no 20º posto seguido de Manuel Dorna 21º e Xoel Villa 28º. Pola súa parte a Fémina Zaida González cunha gran carreira na que estaba loitando polo primeiro posto, a fin tiña que conformarse con ese esplendido 2º posto final.
Na categoría Júnior o noso representante Raúl Fernández non podía tomar a saída xa que se atopa convalecente dunha gripe que o leva apartado da bicicleta dúas semanas.
Fotos da carreira.

domingo, 1 de junio de 2014

YASIR SEGUE A CONTAR AS SUAS CARREIRAS CON VITORIAS

O Principiante Yasir Martínez está a ser nesta tempada o Marc Marquez da bicicleta pois de cinco participacións, leva outras tantas vitórias e a de onte pola tarde en Santiago foi de maneira inapelable que cunha gran demostración de destreza traía para O Rosal o trofeo de vencedor da categoría.
Suliñar que nesta carreira organizada polo Club Ciclista Compostelano non había premio para as Féminas.
En Alevíns Iago Alvarez acadaba o 6º posto mentras que Adrian Alonso era  29º, Laura Teniente 34ª absoluta e 6ª Fémina, Irea Villa  36ª absoluta e 7ª Fémina e Sara Alvarez  40ª absoluta e 8ª Fémina.
En Infantís gran vitória da Fémina María Correa que como xa comentabamos antes se quedaba sin o prémio
que a creditaría como vencedora en Feminino e 19ª absoluta. En Masculino Mario Fernández remataba 17º.
En Cadetes Ero Sobrino realizaba outra gran carreira e entraba no pelotón no 19º posto mentres que Manuel Dorna entraba no 20º posto e Xoel Villa no 24º. En Féminas a Zaida González acontecíalle o mesmo que a María pois remataba no 2º posto Feminas pero tiña que vir coas mans baleiras.
Fotos da carreira.

IX TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA

O vindeiro sábado día 7 a partir das cinco da tarde o Club Ciclista O Rosal organiza o xa tradicional TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA  que éste ano celebra a súa novena edición.
Ésta tarde de ciclismo vai constar de Ximcana na Praza do Calvario para a categoría de Principiantes e as demais categorías farán o percorrido con saída na Praza do Calvario pasando polas rúas Simón del Mazo, Morraceira, Gandarela, Santa Ana, Xesús Noia e chegada de novo a Praza do Calvario.
Os Alevíns darán un total de 3 voltas o circuito, os Infantís 7 voltas os Cadetes 15 voltas e os Junior un total de 25 voltas.
Facemos constar que o Club Ciclista O Rosal fara entrega de Trofeos para as tres primeiras Feminas de cada categoría.
CONTAMOS COA VOSA PRESENZA