Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 24 de julio de 2010

II Trofeo MiniBTT Concello de Porriño


Aprobeitando que esta fin de semana non hai carreiras de carretera, foron varios os integrantes do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores que conpetiron no II Trofeo MiniBTT Concello de Porriño no circuito que a Fundación Oscar Pereiro deseñou no Monte da Risca e a pesares de non seren habituais nesta modalidade, os resultados foron baistante bos.
Abriu a competición a categoría Principiantes na que nos representaban Alberto García e David Rodríguez que estreaban sendas "monturas" novas acadando os postos 11º e 13º respectivamente.
De seguido foi a volta dos Prebenxamíns donde Iago Alvarez foi 5º e Irea Villa 2ª a pesares dun toque con outra participante na segunda manga que a levou o chan para de seguido recompoñerse e sacar todo o seu valor para acadar ese segundo posto final feminino.
En Alevíns moi boa actuación de Xoel Villa que a piques estivo de subir o "caixón" e tamén Manuel Dorna. Na clasificación Final 4º posto para Xoel e 6º para Manuel. E para finalizar outra fantástica actuación co pódio de Claudia Portela nun merecido terceiro posto e cuarto para a sua irmán Elsa en Alevín feminino.
Fotos

domingo, 18 de julio de 2010

Irea Villa e Raúl Fernández vencen de novo


Intensa xornada a do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores no día de onte xa que pola mañán unha delegación desprazóuse ate Moteporreiro (Pontevedra) e pola tarde uns achegaronse até o Meixoeiro e outros até Carballo.
Comenzábase a xornada en Monteporreiro donde se celebraba unha proba do Open do Futuro de MiniBTT e alí atopábamos a Iago Alvarez e Irea Villa ambolosdous da categoría Promesas con Iago o cal unha caída na segunda manga, impediulle loitar polo podio tendo que conformarse co 4º posto masculino. En canto a Irea épica a súa carreira xa que tanto na primeira como na segunda manga saía dende a derradeira fila da formación para dar duas voltas o circuito do Parque de Monteporreiro, e nunha demostración do seu estado de forma foi adiantando rivais até acadar a primeira praza nas duas mangas colleitando así o 1º posto do "caixón". Fotos BTT.
Pola tarde desprazamento dos Benxamíns, Alevíns e Infantís o barrio vigués do Meixoeiro para disputar o XXII Gran Premio de Ciclismo da citada localidade.
Na categoría Benxamín só acudiron Marcos Vasconcellos e Mario Fernández acadando o posto 36º para Marcos e un merecido 2º de Mario que continúa aboado o pódio.
En Alevíns vese que os adestramento comenzan a dar os seus froitos e apréciase unha notable millora nos resultados con Manuel Dorna 8º, Ero Sobrino 11º, Xoel Villa 12º, Zaida González 20ª Elsa Portela 29ª e Claudia Portela 30ª.
En Infantís mala xornada para Andrés Fernández o cal unha avería mecánica o obrigóu o abandono , impedindolle loitar polos posto de cabeza da clasificación. O seu compañeiro Cristóbal Coimbra chegaba no posto 12º e Raúl Fernández facendo valer a sua supremacía na categoría non facía outra cousa que alzarse cunha nova vitória o que dí moito do seu estado de forma.
Fotos Meixoeiro.
Na mesma tarde do sábado na coruñesa localidade de Carballo disputábase o Campionato de Galicia de Fondo nas categorías Cadete e Júnior a donde éste "redactor" non se poido desprazar por atoparse na proba do Meixoeiro, tendo que recoller a información desta crónica da páxina da Federación Galega de Ciclismo.
En Cadetes podemos comprobar como António Portela estivo a punto de colleitar outro pódio no Campionato Galego tendo que conformarse co 4º posto; moi boa tamén a actuación dos seus compañeiros con Iván Morais 6º, Manuel González 7º, Alejandro Lomba 8º, Pablo Cividanes 19º e Adrián Dorna, Adrián Vicente e Kevin Rodríguez que non conseguiron acabar a carreira.
Os representantes da categoría Junior tiveron un comportamento mais discreto respecto os seus compañeiros mais "pequenos" con Brais González 20º e Miguel Rodríguez 28º.

lunes, 12 de julio de 2010

Trofeo Virxe do Carmo de Marín

Gran actuación do "cadete" Toni Portela en Marín que nunha carreira durísima na que tan só se clasificaron 14 corredores, acadou o 4º posto da clasificación xeral e para redondear a sua actuación, tamén se fixo co 1º posto de Cadetes de primeiro ano e o 1º posto de Metas Volantes. Manuel González acadou un traballadísimo 8º posto e os demais compoñentes do equipo non conseguiron clasificarse nesta dura carreira ainda que entre todos lograron o 2º posto por equipos
En Junior bo traballo o realizado por Miguel Rodríguez cun merecido 15º posto, peor sorte correu Brais González que tuvo que ser hospitalizado por mor dun incidente na carreira, inda que xa foi dado de alta a directiva do C.C. O Rosal desexalle unha pronta recuperación xa que o vindeiro fin de semana celébrase en Carballo o Campionato Galego de Fondo Junior e Cadete, cita que non se quere perder.

domingo, 11 de julio de 2010

I Trofeo MiniBTT Parque da Visoureira




Na mañán de hoxe, a Fundación Oscar Pereiro organizou en Guláns (Ponteareas) unha nova proba de MiniBTT a que o C.C. O Rosal acudiu cos Prebenxamíns Iago e Irea donde o primeiro despois de sumar os puntos da primeira manga na que foi cuarto e da segunda manga na que foi terceiro, acadou o 3º posto na clasificación final masculina. En cuanto a Irea terceira na primeira manga e segunda na segunda manga, non foi quien de pasar da 3ª praza do podio categoría feminina xa que unha caída en cada unha das mangas a privou de unha millor posición no podio.
Fotos

XVII Trofeo San Benito

Novo doblete dos Infantís, desta vez en Porriño.
Con motivo das festas de Porriño celebrouse o XVII Trofeo San Benito no cal os nosos ciclistas voltaron a estar presentes no podio.
En Benxamíns 2º posto de Mario Fernández e 36º de David Rodríguez.
En Alevíns Manuel Dorna foi 13º, Ero Sobrino 14º, Xoel Villa 20º, Zaida González 24ª, Claudia Portela 28ª i Elsa Portela 34ª.
En Infantís os Xuices Arbitros vironse obrigados a recurrir a foto fixa final para poder dar o veredicto do pódio xa que por uns metros entrou vencedor Raúl Fernández e logo dun longo esprin chegaron a meta separados polo grosor dun neumatico Cristobal Coimbra que volta o pódio co seu 2º posto, Alejandro Regueiro do C.C. Compostelano 3º e Andrés Fernández 4º.
Fotos.

domingo, 4 de julio de 2010

Vitória de Andrés Fernández en Teis

Disputóuse hoxe en Vigo o G.P. CICLISTA TEIS - MEMORIAL PABLO MOREIRAS co brillante "doblete" acadado na categoría Infantil, pero imos comenzar polo principio que foi a categoría Benxamín donde Mario Fernández no foi capaz de subir o podio como nos ten acustumados ultimamente e por mor dun erro só poido ser 10º e o seu compañeiro Manuel Pereira 21º.
Frouxos foron tamén os resultados en Alevíns donde os nosos representantes non foron capaces de ir mais aló do 17º posto de Ero Sobrino seguido de Manuel Dorna 18º, Zaida González 19ª,
Xoel Villa 20º e as xemelgas Portela, Cludia 31ª i Elsa 34ª.
E foi en Infantís donde Andrés Fernández se estreou no mais alto do "caixón" cun planteamento da carreira donde demarrou na derradeira volta para facerse coa vitória sempre escoltado polo seu compañeiro Raúl Fernández que subiu o 2º posto e Cristóbal Coimbra 13º.
En Cadetes pidio tamén para Manuel González que se fixo co 3º posto cos seus compañeiros António Portela 6º, Iván Morais 12º, Kevin Rodríguez 15º, Pablo Cividanes 20º, Adrián Vicente 22º e Adrián Dorna 34º.
Clasificacions Fotos

sábado, 3 de julio de 2010

I Trofeo Horacio Barros de MiniBTT

Hoxe sábado disputóuse nos arredores do Velódromo de Porriño o I Trofeo Horacio Barros de MiniBTT con tres representantes do Club Ciclista O Rosal donde hai que salientar a actuación de David Rodríguez e Marcos Vasconcellos que na súa segunda participación nesta modalidade de MiniBTT en categoría Pre-benxamins que a pesar de sendas caídas nas curvas do circuito acadaron uns meritórios e traballadísimos 9º e 15º postos respectivamente.
Na categoría Promesas Irea Villa estivo a piques de subir de novo o "caixón" pero unha caída na primeira manga que a fixo entrar moi retrasada na liña de meta, condicionou a súa clasificación final e non foi capaz de ir mais aló do cuarto posto na xeral feminina.
A próxima proba da especialidade vaise disputar o vindeiro domingo 11 en Guláns (Ponteareas).
Fotos da carreira

Copa Deputación Junior

O pasado domingo disputouse a segunda carreira da Copa Deputación da categoría Junior desta vez na localidade de Porriño donde os nosos dous representantes tuveron unha destacada actuación con Miguel Rodríguez no posto 15º e Brais González no 17º, pero temos que salientar a carreira deste último xa que se meteu na escapada que protagonizaron varios corredores e conseguiu puntuar na meirande parte das Metas Volantes o que o final lle reportou o 3º posto desta calsificación.
Para esta fin de semana tiñan previsto desprazarse até o veciño Portugal para disputar alí unha carreira pero foi aprazada e deste modo terán que agardar até o vindeiro domingo 11 que na compaña dos compañeiros de equipo de categoría Cadete, disputarán o Trofeo Virxe do Carme en Marín