Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 31 de mayo de 2010

XIX Trofeo Pista das Faias

O vindeiro sábado 5 de xuño a partir das 17:00 horas celébrase na Pista das Faias (Tabagón) o XIX Trofeo do mesmo nome. Esperamos poder contar coa presenza de todolos afeccionados o ciclismo.

domingo, 30 de mayo de 2010

Xornada de éxitos en Viana do Castelo

No día de hoxe non había competicións e Galicia e desprazamonos até o sempre acolledor e veciño Portugal para disputar alí o PREMIO VIANA DO CASTELO- MUNICIPIO SAUDAVEL
ENCONTRO REGIONAL ESCOLAS DE CICLISMO ZONA NORTE donde sempre somos ben recibidos.
No estrictamente deportivo os nosos ciclistas deixaron a súa pegada en Viana xa que para as terras do Val do Rosal trouxeron seis trofeos coas suas subidas o "caixón". Comenzando pola categoría de Benxamíns Irea Villa fixose co 2º posto en Féminas e Iago Alvarez 3º en masculino.
Na categoría Iniciados (en Portugal as categorías son diferentes as nosas) Mario Fernández foi 8º. En Infantís Ero Sobrino fixo 16º, Zaida Martínez 17ª, Claudia Portela 29ª e a súa irman Elsa 33ª.
En Xuvenís Andrés Fernández e Raúl Fernández subiron os dous o podio nos postos 2º e 3º respectivamente con Cristóbal Coimbra no posto 30º.
Por si era pouco tamén veo para O Rosal o Trofeo do 3º posto por equipos.
Esperamos que os nosos compañeiros portugueses que nos agasallaron cun xantar no Centro Civico de Santa Marta de Portuzelo non se "enfaden" por terlle levado os trofeos"
Pola súa banda os Junior Miguel Rodríguez e Brais González acudían pola tarde a outra cita na tamén portuguesa localidade de Penafiel donde disputaron a 4ª Prova da Taça de Juniores acadando os postos 29º e 31º respectivamente.
Fotos de Viana do Castelo.

domingo, 23 de mayo de 2010

Trofeo Concello de Dodro


Outra xornada de pódios éste sábado en Dodro (A Coruña) .
En Benxamíns Mario Fernández non abandona o podio facendose co 3º posto, David Rodríguez 38º, Manuel Pereira 50º e Marcos Vasconcellos 52º completaron a clasificación.
En Alevíns desta volta só participou Zaida González que acadou o posto 23.
Outro que tampouco baixa do "caixón" e Raúl Fernández que desta volta subiu o mais alto facendose co 1º posto, Andrés Fernández foi 11º e Cristóbal Coimbra non se clasificou xa que sufriu unha caída na derradeira volta.
Moi competida foi tamén a carreira dos Cadetes donde Antonio Portela tamén subiu o podio co 2º posto, Manuel González 10º e Iván Morais 12º. Foron eliminados da carreira Kevin , Alex, Pablo, Adrián Dorna e Adrián Vicente.
Os Junior achegabanse até a localidade portuguesa de Fafe para disputar o Troféu José Martins (Taça de Portugal - Liberty Seguros) entrando Brais González no posto 59º e Miguel Rodríguez no 62º.
Fotos de Dodro

sábado, 22 de mayo de 2010

I Trofeo Costa Vella de MiniBTT

Boa xornada a do I Trofeo Costa Vella de MiniBTT disputada no Monte do Gozo (Santiago) xa que se acudiu con tres representantes do C.C. O Rosal e acadaronse dous segundos postos.
En categoría Promesas Iago Alvarez e Irea Villa colleitaron senllos segundos postos en masculino e feminino respectivamente.
En alevín o noso representante foi o irmán de Irea, Xoel Villa que na súa primeira participación de MiniBTT deste ano colleitou un meritorio 10º posto.
Fotos da carreira.

domingo, 16 de mayo de 2010

Irea Villa terceira en MiniBTT

Acudimos hoxe os montes de Coruxo (Vigo) ,concretmente a Fragoselo donde o Club Ciclista Coruxo organizou o I Trofeo Monte de Coruxo con moi bos resultados para os dous representantes do C.C. Rosal ambolosdous na categoría Promesa con Irea Villa 3ª en feminino e Iago Alvarez 4º en masculino.
Destacar a dende aquí a iniciativa do Club Ciclista Coruxo que dispuxo unha gran carpa con mesas para tódolos asistentes e donde se puderon degustar exquisitos manxares.
Fotos da carreira.

sábado, 15 de mayo de 2010

Exito en Rianxo


Diputouse hoxe o Trofeo Concello de Rianxo e os nosos ciclistas deixaron as súas pegadas por aquelas terras do Barbanza. Por unha banda os Infantís que se levaron o tres primeiros posto e por otro lado de novo os irmans Fernández Lorenzo (Raúl e Mario, 2º e 1º nas suas categorías).
Pero vamos polo orden de categorías donde comenzaba o Festival coa vitória de Mario Fernández en Benxamíns, con Alberto García 48º e David Rodríguez 50º.
Na categoría Alevín frouxa actuación dos nosos con Manuel Dorna 17º, Xoel Villa 22º, Zaida González 29ª, Claudia Portela 38ª e a súa irmán Elsa 41ª.
En Infantís o éxito foi total xa que venceu Andrés Fernández que disputou unha carreira moi intelixente atacando a falta de dúas voltas para o final acadando unha vantaxe considerable e desta forma a súa primeira vitória da tempada; acompañarono no podio os seus compañeiros Raúl Fernández 2º e Cristóbal Coimbra 3º.
En Cadetes disputóuse a carreira polas estradas de Rianxo con 56 km. de percorrido donde Manuel González foi terceiro na clasificación da Montaña e António Portela 3º na Xeral Final.
Fotos da carreira.
En cuanto os dous representantes da categoría Junior, desprazaronse até a localidade portuguesa de Vila Nova de Famalicao para disputar alí o III Trofeo desta cidade donde realizaron un bo papel xa que Brais González acabou no posto 27º e Miguel Rodríguez no 32º.

domingo, 9 de mayo de 2010

XII Trofeo de Santiago


Raúl Fernández está a ter un inicio de tempada que "mete medo" xa que no día de onte voltou a gañar nunha carreira moi dura polas inclemencias climaticas nos arredores do Estadio de San Lázaro na categoría Infantíl. Salientar tamem a labor de Andrés Fernández que despois de dominar a meirande parte da carreira, pagou o esforzo e tuvo que acontentarse co 6º posto e Cristóbal Coimbra que quedou 10º.
Na categorìa Benxamín Mario Fernández quería imitar o seu irmán Raúl e tamén conseguiu subir o Podio facendose co 3º posto, David Rodríguez 18º, Iago Alvarez 19º e Irea Villa 26ª completaron a lista xa que non dispoñemos da casificación completa e nos faltan os resultados de Marcos Vasconcellos e Alberto García.
En Alevíns 14º foi Manuel Dorna, 20º Ero Sobrino e 21ª Zaida González.
En Cadetes Podio tamén para Manuel González co 3º posto, 4º António Portela e 9º Alejandro Lomba.
Os dous representantes na categoría Junior quedaban en Rois para disputar alí o Trofeo San Isidro desa localidade coruñesa acadando Miguel Rodríguez o posto 11º e Brais González non coseguiu clasificarse.
Comentar que de momento non dipoñemos de fotos destas carreiras xa que o "redactor" deste Blog non estaba presente por atoparse en Badajoz animando o Mecalia-Atletico Novás que disputou alí a fase de ascenso a división de prata do balonmán español, obxetivo que non poido acadar xa que onte sabado caía diante do F.C. Barcelona B e na xornada de oxe acontecía o mesmo cos locais do Pínes-Badajoz. Dinde aquí facemos esta pequena incursión no balonmán para apoiar o Novás xa que como equipo rosaleiro como o C.C. O Rosal-Hermanos Ozores conta con todo o noso apoio. Forza Novás e Forza C.C. O Rosal.
P.D.: Xa van chegando esas fotos.

sábado, 1 de mayo de 2010

XXXII Trofeo Vila do Louro

Hoxe deuse o pistoletazo de saída a tempada de ciclismo de Escolas e Cadetes coa disputa do XXXII Trofeo Vila do Louro en Porriño. Na categoría Benxamín foi Irea Villa a primeira rosaleira no posto 10º seguida de Mario Fernández 11º e os debutantes Alberto García 49º, Marcos Vasconcellos 50º e David Rodríguez 52º que o fixeron moi ben para ser o estreo no ciclismo. En Alevín Manuel Dorna foi o primeiro dos nosos seguido de Zaida González, Ero Sobrino, Xoel Villa i a debutante Elsa Portela.
Na categoría Infantíl foi donde se colleitou o maior éxito xa que Raúl Fernández controlou en todo momento a carreira para na última volta o circuito lanzar un ataque que foi demoledor para os seus rivais os cuales lles foi imposible darlle alcance e faerse desta maneira coa vitória na liña de meta; 5º foi Andrés Fernández e un pouco mais retrasado Cristóbal Coimbra ainda convalecente duna lesión que lle impide rendir o cento por cento. E para rematar a xornada Manuel González fíxose co 3º posto da categoría Cadete con Antonio Portela, Adrián Vicente e Pablo Cividanes un "chisquiño" mais retrasados. Fotos da carreira.

Na modalidade de MiniBTT o noso ciclista Iago Alvarez desprazouse até a Capital de Galicia (Santiago) para disputar alí o Trofeo AQUAGEST e acadar o 3º posto na categoría Principiante.