Na tarde de hoxe arrincaba a nova tempada de competición para os nosos ciclistas e foi no VII TROFEO CONCELLO DE NIGRÁN a donde acudiron coas suas bicicletas de montaña para participar en plan de adestramento e coller a forma física óptima de cara a vindeira tempada de Carretera donde voltan a partir como uns dos favoritos a estar con frecuencia no Pódio.
Polo que respecta a carreira en sí, os "rapaces" do Club Ciclista O Rosal tomaban de novo contacto coa competición e en Cadetes Raúl Fernández acadaba un óptimo 6º posto e Cristóbal Coimbra o 14º. En Júnior Alex Lomba facía 6º mentres que o seu curmán Antonio Portela era 10º.
Os adestramentos de Cadetes e Júnior continuan durante a semana e os de Benxamíns, Alevíns e Infantís celébranse todolos sábados as cuatro da tarde na Pista das Faias (Tabagón).