Nunha mañán infernal pola choiva e vento, os “heroes” do
C.C. O Rosal non se encolleron e sairon a loitar polos primeiros postos da
derradeira proba de Taça de Portugal de Ciclocróss disputada no dia de onte (domingo) nos arredores do
Forte de Sao Joao en Vila do Conde e que tamén sevía para decidir os gañadores
da Taça nas distintas categorías.
En Cadetes Femininas, Zaida González realizaba unha gran
carreira, sempre nas primeiras posicións para rematar segunda e facerse coa
Medalla de Bronce e tamén para levantar a copa que a acredita como a nova
Campiona da Taça (Copa) de Portugal.
Os seus compañeiros de categoría pero en Masculino, Ero
Sobrino e Xoel Villa tamén facían un grande esforzo que se vería recompensado
co 7º posto para Xoel e o 8º para Ero .
En Junior tanto Raul Gonzalez como Antonio Portela saltaban
o circuito coa única idea da vitória pois éste último ainda tiña remotas
posibilidades de facerse coa Taça xa que tiña perdido moitas opcións o faltar as
probas de Mirandela e Famalicao para poder preparar o Campionato de España. O decorrer da
carreira foi sempre coa mesma tónica xa que Portela comandaba a carreira con
comodidade dende o início seguido por Angel Diz (C.C. Spol) e Raul na terceira
praza cunha ampla vantaxe sobre o cuarto.
Con éstas posicións chegarían a meta con Toñi 1º, Diz 2º e
Raul 3º. Ésta primeira praza de Toñi non sería suficiente para levarse a Taça
pero sí para facerse coa segunda praza pese a que como comentábamos antes, ter
faltado a duas carreiras.
Con esta carreira péchase a tempada, na que se acadaron importantes
éxitos e agora continuarase cos adestramentos de cara a tempada de estrada que
comenzará alá polo mes de maio.