Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 30 de octubre de 2017

PÓDIO DE LUIS MENDEZ EN PORTUGAL


Comenzaba na mañán de onte domingo o Open Sentir Penafiel de Ciclocróss (Portugal) coa primeira das tres carreiras que se disputaba na Freguesía de Capela e o Cadete Luís Mendez saboreaba o seu primeiro pódio da categoría co terceiro posto.
Pola súa banda o Sub-23 Xoel Villa remataba 18º en Elite.

En Asturias Iago Alvarez acadaba un magnífico 4º posto do II Trofeo Ayuntamiento de Taverga.
Fotos de Luís e Xoel

domingo, 22 de octubre de 2017

CICLOCCROSS VAL DE ESMELLE E CIDADE DE FERROL

Tan só os Cadetes Iago Alvarez e Luis Mendez se desprazaron a dobre cita co Ciclocróss, pois tanto Mario como Xoel que estaban convalecentes de sendas gastroenteritis e María por outras causas, non poideron asistir a Ferrolterra.

Onte sabado era a cita co I Ciclocróss Val de Esmelle  donde tomaban parte os nosos Cadetes. Iago remataba no 16º posto e Luis no 18º

Xa na mañán de hoxe era a volta do trofeo Ciudad de Ferrol e aquí Iago acadaba o 14º posto e Luis de novo era 18º.

Mentras tanto outra parte da directiva colaboraba na tarde de onte con Roberto Portela na organización da Carreira de Campeons de Vellas Glorias que se disputou con 20 voltas o circuito urbán da Guarda con remate no alto do Monte Santa Trega previo paso polo empedrado do Vía Crucis dende a Casa da Forestal.
O Gañador absoluto sería Moisés Leboso seguido de Marcial Rodríguez e Faustino Puga.

Participaron entre outros Alvaro Pino, Oscar Pereiro, Ezequiel Mosquera, Pepe Teixeira, o adestrador de fútbol Fernando Vazquez, etc.
Entre a Vellas Glorias do Club Ciclista O Rosal estaban o propio Roberto Portela, Gustavo Otero, Eloy Otero, Luís Alvarez e Javier Pereira. Suliñar que éste grupo de "rosaleiros" agasallou o noso presidente Gerardo Alvarez cunha placa en agradecemento polos máis de trinta anos que leva a frente do C.C. O Rosal.

domingo, 8 de octubre de 2017

COMENZOU A TEMPADA DE CICLOCRÓSS






Coa disputa do Trofeo Ría de Marín daba comenzo unha nova tempada de Ciclocróss que se pechará no mes de xaneiro coa celebración dos Campionatos de España.
Non é moi habitual pero desta vez o noso equipo non foi capaz de traer para O Rosal ningún dos trofeos que se adxudicaban na mañán de hoxe.

Comenzouse as 9:30 coa categoría de Promoción na que participaban Irene Rodríguez e Pablo Rodríguez. Nesta categoría o ser de promoción, non existen clasificacións.

En Cadete era Iago Alvarez o noso representante que remataba no 13º posto mentras que Mario Fernández  que estreaba categoría en Júnior, arrancaba forte para situarse en cabeza pero mais tarde cando marchaba en terceira posición sofría un pinchazo que o facía rematar a carreira no 5º posto mentras que María Correa se facía co 8º en Féminas.

Remataba o Sub-23 Xoel Villa que acadaba o 6º posto.
Fotos da carreira

domingo, 1 de octubre de 2017

EN LUGO ACADANSE OS DERRADEIROS PODIOS DA TEMPADA



Co G.P. San Froilán de Lugo pechábase na tarde de onte a tempada de carretera do Calendario Galego.

O Promesa Roi Alvarez era o primeiro en subir o Pódio o acadar o segundo posto, mentras que en Principiantes o 4º posto de Féminas era para Irene Rodríguez mentras que en Masculino o 10º era para Unai Fernández a vez que Pablo Rodríguez subía o mais alto o facerse coa vitória.Comentamos que Pablo comenzou a tempada o 1 de maio en Porriño cun 14º posto para de seguido vencer de forma incontestable nas seguintes quince carreiras nas que participou.

En Alevíns de novo se lle resistía o "caixón" a Iker Rodríguez que remataba 5º mentras que Adrian Alonso era 31º en Infantís.

Remataban as Féminas e Irea Villa acadaba o 5º posto en Cadete mentras que en Junior era María Correa a que se facía co 1º posto despois de que na noite do venres acadase o segundo posto na Nocturna das Festas do Cristo en Porriño.
FOTOS DE LUGO