Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 31 de diciembre de 2017

CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCRÓSS

 

Nos arredores do Estadio de San Lázaro de Santiago disputouse na mañán de hoxe o Campionato de Galicia de Ciclocróss.

Pola nosa parte comenzaban os cadetes que baixo a tormenta de auga  que caía neses intres e en alerta amarela, xa baistante facían con tomar a saída, pero a xente do Ciclocróss non se arremeda con nada e Luís Mendez era quien de acadar o 12º posto e Iago Alvarez o 16º.

En Júnior era Mario Fernández o noso "delfín" e tamén despois de moito loitar coa auga e o barro acadaba o sexto posto .

Outro tanto para o Sub-23 Xoel Villa que ramataba no 7º posto.

Con estes campionatos, ponse punto e final a tempada de ciclocróss en Galicia , quedando para dentro de duas semanas os Campionatos de España.
FOTOS

domingo, 24 de diciembre de 2017

X CICLOCRÓSS CASTELO DE MACEDA



X Ciclocróss Castelo de Maceda no que tomaron a saída tres dos nosos "rosaleiros" na tarde de onte sábado nos arredores do castelo desta vila ourensá.

Comenzaron os cadetes, donde Iago Alvarez acadaba o 12º posto mentras que Luís Mendez sofría unha rotura do cambio da súa biclicleta e optaba por retirarse.

Remataría a nosa participación o Sub-23 Xoel Villa que acadaría a 6º praza da clasificación, nunha carreira que poñía o peche a Copa de Galicia de Ciclocróss.
Agora xa tan só queda o Campionato de Galicia para a vindeira fin de semana, os Campionatos de España para xaneiro e remataremos co Open de Penafiel en Portugal.
FOTOS DA CARREIRA


lunes, 18 de diciembre de 2017

I CICLOCRÓSS CAIMANES DE BETANZOS



Onte domingo en Betanzos, tres dos nosos ciclistas participaban no ciclocróss que se disputou no entorno do Parque do Pensamento desta vila coruñesa.

En Cadetes boa carreira de Luís Mendez que se facía co 9º posto mentras que un chisco mais retrasado entraba Iago Alvarez, concretamente no 14º posto.

Remataba Xoel Villa que na categoría Sub-23 se facía co 4º posto.
FOTOS DA CARREIRA


lunes, 11 de diciembre de 2017

LUIS E IAGO NO CICLOCRÓSS DE PORRIÑO


Baixo a borrasca "Ana" disputouse na mañán de onte  o I Trofeo Ciclocróss Avanza - Concello do Porriño, donde participaban os nosos cadetes Luís Mendez e Iago Alvarez.
Luís acadaba o 12º posto mentras que Iago se facía co13º.

viernes, 8 de diciembre de 2017

EN PONTEVEDRA MARIO VOLTA DE NOVO O PODIO

Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocróss disputado no Hipódromo de Trasmañó, donde as 10:00 da mañán comenzaban os cadetes coa contínua presenza da choiva, pero alí estaban Luís Mendez e Iago Alvarez para facerlle fronte o mal tempo e disputar unha gran carreira na que Luís facía 11º e Iago 14º.

Xa mais tarde , concretamente as 12:00 tomaban a saída o Júnior Mario Fernández e o Sub-23 Xoel Villa tamén sempre acompañados da choiva e da néboa que foi reducindo a visivilidade do circuito, o que non foi óbice para que Mario acadase o seu segundo "caixón" da tempada o rermatar no 3º posto en Júnior mentras que Xoel se facía co 6º posto en Sub-23.
FOTOS DA CARREIRA



miércoles, 6 de diciembre de 2017

PODIO DE MARIO NO CICLOCRÓSS DE BOIRO


Mañán xélida hoxe na comarca do Barbanza donde se disputou o XXXI Trofeo Concello de Boiro de Ciclocróss puntuable para a Copa de Galicia da especialidade.

Comenzaron os cadetes e tanto Luís Mendez como Iago Alvarez mantiñan a liña amosada no que vai de tempada, pois Luís acadaba o 14º posto e Iago o 16º.

En Júnior destacar a gran carreira de Mario Fenández que chegou a marchar en segunda posición para o final de carreira ter que cruzar a liña de meta nun apretado esprint e acadar o primeiro podio da tempada, concretamente o 3º posto.

Retamaría o Sub-23 Xoel Villa que na sua categoría acadaba o 7º lugar na clasificación.

domingo, 3 de diciembre de 2017

III CICLOCRÓSS CONCELLO DE VIVEIRO

Na mañán de hoxe nova saída dos nosos ciclistas de ciclocróss que participaban no III Trofeo Concello de Viveiro.

En categoría Cadete eran os asiduos Luís Mendez e Iago Alvarez os que acadaban os postos 13º e 14º respectivamente, mentras que Mario Fernández se facía co 6º posto en Júnior.