Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 26 de mayo de 2019
VOLTAMOS DE CARBALLO CON CINCO PODIOS MAIS UN SEGUNDO DE ZAIDA EN CAMBRE
Outra vez longos desprazamentos no día de onte co grupo de estrada a Carballo e coa "betetera" Zaida González a Cambre.
En Carballo comenzou o cadete Javi Sanz o que lle agardaban unha trintena de kms. polas estradas da comarca de Bergantiños pero o que problemas físicos facían que mediada a carreira tivese que abandonar.
En categoría promesa feminino Saray Coimbra de novo no podio o rematar segunda, e nesta mesma categoría gran ledicia para a nosa "benxamina" Lucía González que acadaba o seu primeiro podio o rematar terceira. En masculino outro trofeo mais para as vitrinas da familia Alvarez Coimbra, pois o irmán de Saray, Diego acadaba o terceiro posto con Iker González no 13º e Mateo Rodríguez no 16º.
Pasamos a categoría principiante e o C.C. O Rosal voltaba a facerse notar con dous novos podios coa brillante vitória de Roi Alvarez e o 3º posto de Aitor Rodríguez.
En alevín de novo gran carreira de Pablo Rodríguez que remataba 5º seguido de Diego Adrover 13º e Unai Fernández 14º , mentras que en feminino Irene Rodríguez voltaba a estar entre as primeiras o rematar 5ª.
Rematamos a nosa participación en Carballo co infantíl Iker Rodríguez que acadaba o 9º posto.
Mentras tanto a 40 kms. de Carballo, Zaida González participaba no XIX Trofeo Concello de Cambre de BTT e que na categoría sub-23 acadaba o segundo posto.
FOTOS DE CARBALLO
lunes, 20 de mayo de 2019
ZAIDA VENCE NO BTT DE COIRÓS, MARIO TERCEIRO NO OPEN DE ESPAÑA E AS ESCOLAS PARTICIPAN NO MINIBTT DE POIO
O sabado pola tarde en Coirós celebróuse o IV BTT XCO Caimanes Betanzos donde participou a nosa Sub-23 Zaida González que se facía coa vitória o acadar o primeiro posto da clasificación.
Tamén no sábado pero máis lonxe, en Mugardos era o MONTE FARO ENDURO RACE 2019, carreira puntuable para a Copa Galicia e tamén para o Open de España e o noso Mario Fernández acadaba o terceiro posto que fai que se proclame Campión da Copa Galicia con 600 puntos e que continúe no terceiro posto do Open de España con 485 puntos.
Xa no domingo as categorías de escolas ían até Poio para participar no Mini BTT donde a Benxamina Lucía González era 7ª, en Promesa B Mateo Rodríguez facía 23º e Iker González 24º. En Principiante A Roi Alvarez era 25º. En Promesa B Aitor Rodríguez acadaba o 30º posto, en Alevín A Diego Adrover o 28º e remataba o Infantíl Iker Rodríguez co 45º posto.
sábado, 18 de mayo de 2019
CAMPIONATO DE GALICIA CRI
Onte tocou de novo madrugar para percorrer os 250 kms. que nos separaban de As Pontes donde se disputaban os Campionatos de Galicia Contrareloxo Individual para acompañar a Javi, Iago e Irea.
O primeiro an tomar a saída era Javi Sanz as 10:27 realizando unha boa crono pero que nos derradeiros kilómetros era sorprendido por unha grande tromba de auga que facía que rematase na 27ª posición.
As 12:45 era Irea Villa a que comenzaba a súa loita contra o reloxo e cando levaba 9 kilómetros dos 23 totais, tamén era apañada por outra chaparrada con granizo incluído, o que lle facía pasar por momentos moi duros e que a pesar de todo remataba na 5ª praza.
Iago Alvarez era o derradeiro en tomar a saída, concretamente as 13:31 e que para non ser menos, Iago sofría unha caída nunha das rotondas húmidas pola choiva caída e que non era quien de ir mais aló da 35ª posición.
FOTOS
domingo, 12 de mayo de 2019
SARAY VENCE, LUCAS TERCEIRO E IRENE QUINTA EN PADRÓN, IREA TERCEIRA EN ROIS E LUCÍA QUINTA EN RIBADUMIA
Ahí están as nosas féminas que todas elas quedaron entre as cinco primeiras nas súas distintas competicións resaltando a vitóRia de Saray Coimbra e o terceiro posto de Irea Villa.
Onte tocou madrugar para estar as 9:00 en Rois, donde unha hora máis tarde comenzaba a carreira de Cadetes e alí estaba Javi Sanz que vai collendo experiencia na categoría e remataba 34º.
As 11:00 era o turno para a categoría Junior con Iago Alvarez acadaba o 23º posto en masculino mentras que en feminino chegaba un moi sufrido podio de Irea Villa que se facía co terceiro posto.
Pola tarde as Escolas participaban no veciño Concello de Padrón e Saray Coimbra levábase unha merecida vitória o facerse co 1º posto en Promesa feminino mentras que en masculino o seu irmán Diego era 5º.
En Principiantes desta volta había un podio, pois Lucas Alvarez era terceiro mentras que Aitor Rodríguez era 4º e Roi Alvarez 10º.
En Alevín outra vez o noso equipo voltaba a clasificar a todos os compoñentes entre os dez primeiros xa que en feminino Irene Rodríguez era 5ª mentras que os seus compañeiros masculinos rematarían con Pablo Rodríguez no 6º posto, Diego Adrover no 7º e Unai Fernández no 9º.
Pechaba a nosa participación o Infantíl Iker Rodríguez nun gran 10º posto.
Na mesma Tarde pero a 40 kms. de distancia, concretamente en Ribadúmia outra delegación "rosaleira" participaba no II Trofeo de Mini BTT deste concello e alí estaba a nosa Benxamina Lucía González para acercarse cada vez máis o podio o rematar 5ª mentras que na mesma categoría pero en masculino, Alan Alonso remataba 32º.
En Promesa A era Edgar Alonso o que se facía co 24º posto e para rematar Iker González sería 23º e Mateo Rodríguez 34º, ambolodous en Promesa B.
A vindeiras citas serán os Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual para Javi, Iago e Irea nas Pontes de García Rodríguez o venres 17 (Día das Letras Galegas) e o V Mini Btt de Poio o domingo 19
FOTOS DE ROIS
FOTOS DE PADRÓN
FOTOS DE RIBADUMIA
domingo, 5 de mayo de 2019
PABLO ESTREASE CO SEGUNDO POSTO EN BOIRO MENTRAS QUE IRENE FAI TERCEIRA
Na 32 Promoción de Ciclismo de Boiro de onte pola tarde os tres ximcaneiros non tiñan o seu día mentras que en estrada acontecía todo o contrario xa que dos cinco representantes "rosaleiros", todos eNtraban nos oito primeiros.
En Ximcana o primeiro en tomar a saída era Roi Alvarez que sofría unha derrapaxe que o levaba o chan e remataría 10º. O seguinte era Aitor Rodríguez o que a pelota lle ía o poste e así acumulaba un erro que o situaba na 9ª praza. Remataba Lucas Alvarez que botaba un pé o chan e facía que quedase no 12º posto.
Na categoría de Alevíns era Irene Rodríguez que en féminas facía unha gran carreira para adxudicarse o seu segundo podio consecutivo o rematar terceira.
En masculino xa na semana pasada advertíamos do potencial do noso equipo e en Boiro chegaba a confirmación con Pablo Rodríguez que se facía co seu primeiro podio dende que abandoase a ximcana e se facía co 2º posto. Diego Adrover e outro que está a demostrar a súa melloría o rematar 5º seguido doutra promesa como é Unai Fernández que era 6º.
Pechaba Iker Rodríguez en Infantís que debutaba nunha bonita carreira en estrada aberta que organizou o Club Ciclista Barbanza e que con grande coraxe Iker remataba no 8º posto.
Outra delegación "rosaleira" quedábase un pouco máis preto, concretamente nos montes de Bembrive (Vigo) para diputar o VI Trofeo desta Entidade Local Menor e os resultados eran os seguintes:
Lucía González 7ª en Benxamín feminino, Alan Alonso 33º en Benxamín masculino, Iker González 19º e Mateo Rodríguez 22º en Promesa B, rematando Edgar Alonso co 29º posto en Promesa A.
FOTOS DE BOIRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)