Despois de varios meses sen actividade o non haber competicións por mor do Covid-19, retomamos as nosas publicacións neste Blog do Club Ciclista O Rosal.
Onte sábado e con grandes medidas de seguridade daba comenzo a tempada galega de Ciclocrós que constará de sete carreiras entre as cuales non estará o tradicional Trofeo Montes de Eiras xa que a xunta directiva do C.C. O Rosal optou pola non organización desta proba por mor da pandemia que estamos a sofrer.
Aprobeitamos de paso para lembrar que o pasado 12 de outubro celebrábase o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual en Baños de Molgas baixo a organización do Club Ciclista Ourensano. O noso clube participaba con Javi Sanz en categoría Cadete e con Zaida González en Sub 23 feminino, acadando espectaculares resultados, pois Javi traíase a Medalla de Bronce e Zaida a de Prata das súas respectivas categorías.
Agora xa no día de onte comenzaba o ciclocrós que desta volta era organizado polo XSM Marín cos nosos Iker González que se estreaba nesta modalidade ciclista, concretamente na categoría Cadete donde acadaría un estupendo oitavo posto en con Zaida González que ainda que xa vai con varios anos de experiencia, aquí tamén estreaba categoría, a de Elite feminina con un prometedor sexto posto.
A seguinte cita queda marcada para o vindeiro sábado 28 de novembro en Sanxenxo, donde o C.C. Corbelo organiza o I CICLOCRÓS CON da ROMAIÑA.
Gracias a Luz Iglésias por algunhas das fotos facilitadas