Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 21 de diciembre de 2020

REMATE DA COPA GALICIA DE COCLOCRÓS

 


Esta fin de semana supoñía o peche da Copa Galicia de Ciclocrós coas derradeiras probas disputadas en Porriño e Maceda.

O sábado era a carreira de Porriño, disputada no Velódromo Municipal, donde tomaban a saída Zaida González e Iker Rodríguez. Este último facíase co 12º posto da categoría Cadete mentras que Zaida era vítima dunha avaría mecánica que lle facía rematar a proba coa bicicleta o "lombo" na sexta posición.

Na mañá de onte domingo era a volta da última proba do ano donde nos arredores do Castelo de Maceda estaba montado o circuito, obra do clube da vila. Nesta derradeira proba era Iker o noso representante e que acadaría o 16º posto da clasificación.

Desta maneira tamén quedaban pechadas as clasificacións do Ranking da Copa Galicia cun fantastico oitavo posto de Iker en Cadete no ano do seu estreo na modadidade  de ciclocrós e tamén o non menos importante sexto posto de Zaida en Elite féminas.

Agora toca un pequeno descanso para en breve comenzar cos adestramentos de estrada coa esperanza de que todo millore e se poida disputar a tempada con normalidade.

martes, 8 de diciembre de 2020

IKER E ZAIDA DE NOVO EN ACCIÓN

 


O pasado 28 de novembro Iker Rodríguez e Zaida González voltaba a competir na especialidade de Ciclocrós que desta volta se disputaba baixo a organización do Club Ciclista Corbelo se disputaba no polígono industrial de Nantes en Sanxenxo.

Comenzou a nosa participación Iker na categoría Cadete, que gracias o seu constante rito facíase acreedor do oitavo posto o final da carreira.

Pola súa banda Zaida González en Elite feminino milloraba un posto con respecto da proba de Marín e acadaba o 5º posto.

No día de hoxe 8 de decembro tocaba madrugar para viaxar até Santiago donde nos arredores do Estadio de San Lázaro-Vero Boquete o Club Ciclista Compostelano era o organizador do X Ciclocrós Cidade de Santiago e a donde só se desprazaba Iker Rodríguez xa que por motivos de estudos Zaida non podía estar presente. 

Nesta carreira con moita auga e barro o bó de Iker acadaría o 10º posto