O III MINIBTT CIDADE DE SANTIAGO disputado no día de onte nos arredores do Estadio Vero Boquete (San Lázaro) en Santiago, significaba o arranque da tempada 2021 e que para a nosa plantilla significaba voltar a competición dende o 28 de setembro de 2019, despois de ter pasado o ano 2020 "en blanco" por mor do Covid-19.
Foron seis os que con toda a ilusión e gañas de pasalo ben se desprazaron a Compostela e que acadaban estes resultados:
Benxamín: Simón Amaro, 12º
Promesa A: Lucas Amaro, 29º
Promesa feminino: Lucía González, 7ª
Alevín A: Roi Alvarez, 22º
Infantil: Unai Fernández, 28º
Infantíl feminino: Irene Rodríguez, 13ª
Nesta ligazón deixamos unha pequena galería de fotos:
https://photos.app.goo.gl/kYCPU62LRTnQ9QiAA