Comenzamos pola xonada de onte sábado donde o Club Ciclista O Rosal organizaba o XXIII Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross cunha tarde esupenda no que respecta a climatoloxía e coa asistencia de 254 participantes.
En canto a nosa representación, abrían a participación as cadetes Arantxa Gómez e Irene Rodríguez con "carreirón" das dúas. Tomaban a saída sin consecuencias pero Irene cando levaba 300 metros de carreira sofría unha avaría mecánica que facía que baixase a derradeira posición. Con Arantxa por diante superando riváis e con Irene que sacaba a relucir a súa "casta" para ir recuperando posicións para o final acadar uns fantásticos 7º e 8º postos para Arantxa e Irene respectivamente.
En Elite feminino Zaida González animabase a disputar a carreira "da casa" e facía o seu debut nesta tempada. Con falta de adestramento por motivos laboráis, Zaida aínda era quién de acadar o 5º posto da clasificación.
Remataba o Máster-40 Oscar Trigo coa 57ª posición da categoría.
Dende aquí o Club Ciclista O Rosal agradece a colaboración da Comunidade de Montes de Eiras que despóis de varias xornadas de desbroce de tractor, poñia a nosa disposición o terreo donde o noso clube deseñaba un duro pero moi atractivo circuito de ciclocross. Non podemos esquecer tamén a Protección Civil de O Rosal, Concello de O Rosal e Xunta de Galicia así como a todo o equipo de voluntari@s que fixeron posible a realización deste evento.
Xa na xornada de hoxe os nosos exciclistas do C.C. InSitu organizaban o I Trofeo de A Guarda donde nesta xornada tamén se animaba a debutar nesta tempada o cadete Iker Rodríguez. Tomábase a saída e con apenas 20 metros disputados, Iker sofría un contacto con outro compañeiro que levaba os dou o chán, facendo que se tivesen que retirar. En féminas de novo Irene e Arantxa voltaban a loita e acadaban os postos 10º para Arantxa e 11º para Irene.
En Máster-40 Oscar Trigo repetía a posición de onte en Eiras e facíase co 57º posto.
Remataba Zaida González que na súa categoría de Elite feminina tamén repetía a 5º posición de onte.
Retrocedemos no tempo para lembrar que no 31 de outubro Irene tomaba a saída no XII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE donde acadaba a 12ª posición.
FOTOS DE EIRAS
FOTOS DE A GUARDA