Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 29 de octubre de 2009

Fin de semana en Gandarío (Bergondo)


Zaida González, Xoel Villa, Ero Sobrino, Cristóbal Coimbra e Raúl Fernández acudiron esta pasada fin de semana as Iª Xornadas de Convivencia de Escolas de Ciclismo organizado pola Federación Galega de Ciclismo as que acudiron os clubes de toda Galiza no Albergue de Gandarío as beiras da ría de Betanzos.

Nestes dous dias recibiron charlas sobre nutrición, reglamento, tecnica, mecanica así como unha charla a cargo do ciclista profesional do Xacobeo Galicia Delio Fernández. Tamén contaron con unha equipa de monitoras de tempo libre coas que realizaron xogos moi divertidos e variados.

Sen dúbida unha fin de semana para non esquecer por parte dos nosos ciclistas.

martes, 13 de octubre de 2009

Comenzou a tempada de Ciclo-cross

O domingo 11 de outubro deu comenzo a tempada de Ciclo-cross cunha proba disputada no Parque del Mediodía (Valladolid) na que os nosos ciclistas mostraron un bo nivel xa que a esta proba acudían ciclistas de toda España dado que era a primeira carreira puntuable para a Copa de España de Ciclo-cross e os resultados foron os seguintes:
Na categoría Cadete Antonio Portela fixose co 8º posto seguido de Manuel Lomba co 9º, Iván Morais 17º e Alejandro Lomba 24º.
En Junior representaronnos Miguel Rodríguez 21º e Brais González 24º.

No día seguinte (12 de outubro) continuabase coa Copa de España en Villaralbo (Zamora) e o Presidente Gerardo Alvarez achegábase ate alí na compaña do Sub-23 Fernando González e o Cadete Adrián Vicente para unirse o resto dos seus compañeiros que logo acadarían estes resultados:
En Cadetes Manuel González 7º, Antonio Portela 9º, Alejandro Lomba 22º, Iván Morais 23º e Adrián Vicente 31º.
En Junior Miguel Rodríguez 20º e Brais González 21º
En Sub-23 Fernando González acadou o posto 21º.

domingo, 11 de octubre de 2009

Comeza a tempada de Ciclo-cross

O 11 de outubro comeza a tempada de Ciclo-cross para os nosos Cadetes, Juniors e Sub-23.
No día 11 os nosos ciclistas desprazanse ate o Parque del Mediodía en Valladolid para participar na proba que ali se disputa e logo xa de volta pernoctarán en Zamora para o día 12 competir en Villaralbo.
Con estas duas probas da comenzo a Copa de España de Ciclo-cross.
Moita sorte para todos eles.

sábado, 10 de octubre de 2009

Final da tempada de Carretera e MiniBTT

Os corredores do Club Ciclista O Rosal acabaron a tempada con excelentes resultados xa que en carretera acadaronse 11 primeiros postos, 13 segundos e 10 terceiros. Destacar a Jonathan Sousa que conseguiu facerse co 1º posto no Ranking da Copa Deputación de Pontevedra na categoría Junior , e destacar tamén a Antonio Portela e Cristóbal Coimbra que estiveron no "podio" na maioría das carreiras de categoría Infantíl.
Manuel Dorna e Mario Fernández con tres vitórias cada un, dominaron a categoría Benxamín.
En canto a modalidade de MiniBTT foron 3 primeiros, 4 segundos e 11 terceiros os postos acadados con Iago Alvarez 3º masculino e Irea Villa 2ª feminina no Ranking Galego e Mario Fernández o fin da tempada os mais destacados. Tamen se destaca a Antonio Portela que so participou nas duas primeiras carreiras da tempada categoría Infantil, acadando o primeiro posto do podio en ambalas duas para logo adicarse en exclusiva a modadlidade de Carretera.
A todos eles e demais integrantes do Club Ciclista O Rosal moitas felicidades e animos para que a próxima tempada sexa cando menos tan exitosa como esta.

Iago Alvarez 3º en MiniBTT



Iago Alvarez acadou o terceiro posto na clasificación final do Ranking Galego de MiniBTT categoría Benxamin que xunto con Irea Villa 2ª en feminino trouxeron para a Vila do Rosal senllos trofeos entregados polo ciclista profesional e vencedor do Tour de France 2006 Oscar Pereiro

miércoles, 7 de octubre de 2009

Irea Villa 2ª en MiniBTT, recibiu o trofeo de mans de Oscar Pereiro

Despois de catorce probas disputadas, Irea Villa fixose co 2º posto na clasificación xeral do Rankig Galego de MiniBTT categoría Benxamín feminino recibindo de mans de Oscar Pereiro o trofeo que a acredita nese lugar do podio

PODIO INFANTIL EN CANGAS


Excelente labor de equipo para os Infantís en Cangas que coparon cinco dos seis primeiros postos con Toni 1º, Cristóbal 3º, Adrián 4º, Raúl 5º e Andrés 6º.