Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 10 de octubre de 2009

Final da tempada de Carretera e MiniBTT

Os corredores do Club Ciclista O Rosal acabaron a tempada con excelentes resultados xa que en carretera acadaronse 11 primeiros postos, 13 segundos e 10 terceiros. Destacar a Jonathan Sousa que conseguiu facerse co 1º posto no Ranking da Copa Deputación de Pontevedra na categoría Junior , e destacar tamén a Antonio Portela e Cristóbal Coimbra que estiveron no "podio" na maioría das carreiras de categoría Infantíl.
Manuel Dorna e Mario Fernández con tres vitórias cada un, dominaron a categoría Benxamín.
En canto a modalidade de MiniBTT foron 3 primeiros, 4 segundos e 11 terceiros os postos acadados con Iago Alvarez 3º masculino e Irea Villa 2ª feminina no Ranking Galego e Mario Fernández o fin da tempada os mais destacados. Tamen se destaca a Antonio Portela que so participou nas duas primeiras carreiras da tempada categoría Infantil, acadando o primeiro posto do podio en ambalas duas para logo adicarse en exclusiva a modadlidade de Carretera.
A todos eles e demais integrantes do Club Ciclista O Rosal moitas felicidades e animos para que a próxima tempada sexa cando menos tan exitosa como esta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario