Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de marzo de 2010

Comenzo da tempada Junior


Onte sábado deu comenzo a tempada de competicións para a categoría Junior ca disputa do XXXVII Gran Premio San Xosé de Vigo. A carreira constaba de tres series (fondo, sprints i eliminación) nun trazado que discurría pola Avenida García Barbón na que se proclamou vencedor Aser Estévez na categoría Elite-Sub23 C.C. Spol-Caixanova e David Raño do C.C. Padronés venceu na categoria Junior. En canto os representantes do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores Brais González acadou o posto 12º que non reflexa o seu esforzo xa que quedaría eliminado na derradeira serie (eliminación) por mor dunha caída que lle privou dun millor resultado. En canto a Miguel Rodríguez pagaba a súa falta de experiencia neste tipo de probas xa que era a súa primeira carreira nesta modalidade, o que lle impedíu que poidese puntuar. Clasificación da carreira.

domingo, 21 de marzo de 2010

Comenzo de adestramentos para a tempada 2010

O derradeiro 14 de marzo comenzaron oficialmente (ainda que nunca estiveron parados) os adestramentos cara a Tempada 2010 que se adiviña moi dura, principalmente para as categorías de Infantil, Alevín e Benxamín xa que este ano a Federación Galega de Ciclismo unificou o calendario das zonas Norte e Sur polo que practicamente van ter carreiras todolos fins de semana.
Polo que respecta os nosos ciclistas éste primeiro adestramento "oficial" realizouse na recta da estrada que úne Pías co Barrio Novo que constaba de duas probas de velocidade e esforzo para comprobar o estado dos ciclistas. Unha das probas constaba de 1.600 metros e a outra de 50 metros nas que os ciclistas deron todo o que levaban dentro para poder parar o cronómetro o mais baixo posible. Éstas probas vanse realizar varias veces durante a tempada e logo van ser enviadas a Federación donde os seus técnicos van analizar a evolución de cada corredor.