Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 21 de marzo de 2010

Comenzo de adestramentos para a tempada 2010

O derradeiro 14 de marzo comenzaron oficialmente (ainda que nunca estiveron parados) os adestramentos cara a Tempada 2010 que se adiviña moi dura, principalmente para as categorías de Infantil, Alevín e Benxamín xa que este ano a Federación Galega de Ciclismo unificou o calendario das zonas Norte e Sur polo que practicamente van ter carreiras todolos fins de semana.
Polo que respecta os nosos ciclistas éste primeiro adestramento "oficial" realizouse na recta da estrada que úne Pías co Barrio Novo que constaba de duas probas de velocidade e esforzo para comprobar o estado dos ciclistas. Unha das probas constaba de 1.600 metros e a outra de 50 metros nas que os ciclistas deron todo o que levaban dentro para poder parar o cronómetro o mais baixo posible. Éstas probas vanse realizar varias veces durante a tempada e logo van ser enviadas a Federación donde os seus técnicos van analizar a evolución de cada corredor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario