O macedense Pablo Rodríguez como Campión de España Júnior
Hoxe poñíase punto final a tempada de Ciclocross e a proba para finalizar era o Campionato de España que se celebrou no Parque do Bosque de Valorio na cidade de Zamora.
Comenzaba a xornada coa categoría Cadete e a Selección Galega estaba formada polos "rosaleiros" Cristóbal Coimbra, Raúl Fernández e Antonio Portela e Angel Diz ( C. C.Spol), Marcos Villar (C. C. Maceda) e Javier González (C. C. Teis). A carreira para os nosos comenzaba condicionada xa que tanto Toni como Raúl e Cristóbal eran colocados de forma pouco comprensible nas derradeiras posicions da saída o que os obrigou a remontar durante toda a carreira non podendo pasar do 14º posto para Toni, 17º para Raúl e 34º para Cristóbal.
A parte positiva para a Selección Galega foi o subcampionato de Marcos Villar (C. C. Maceda) e o 4º posto de Angel Diz ( C. C.Spol), pola sua banda Javier González (C. C. Teis) finalizaba 20º.
En Júnior brillante vitória do galego Pablo Rodríguez (C. C. Maceda) que dominou a carreira de principio a fin e que chegou a meta cunha vantaxe de 1 minuto e 14 segundos sobre o segundo clasificado. O "noso" Manuel González sofría un inoportuno pinchazo na roda traseira que lle facía percorrer mais de medio circuito coa bicicleta pola man que o final se traducía na 42ª posición da clasificación.
Destacar que a Selección Galega sumando tódalas categorías foi capaz de acadar seis medallas ( unha de ouro, tres de prata e duas de bronce).
Fotos da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario