Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 29 de octubre de 2012

O CALENDARIO GALEGO DE CICLOCROSS COMEZA NO ROSAL

O sabado 10 de novembro comenza o Calendario Galego de Ciclocróss e ésta primeira carreira vai estar organizada polo Club Ciclista O Rosal na Praia de Eiras ( GPS: 41º 55'28"N   8º46'51"W ) a partir das 15:00 horas para tódalas categorías.
Agardamos a presenza de numeroso público para disfrutar desta modalidade tan espectacular.


domingo, 21 de octubre de 2012

ADESTRAMENTOS DE CICLOCROSS

Os equipos de Cadetes e Junior do Club Ciclista O Rosal continuan cos adestramentos de Ciclocróss, categoría na que van debutar os Cadetes Zaida González, Ero Sobrino e Xoel Villa e logo tamén soben a categoría Junior Crisobal Coimbra e Raul Fernández que acompañarán a Antonio Portela.
Podedes atopalos adestrando os sabados pola tarde na Praia de Eiras e os domingos pola mañán na Praia do Muiño (Camposancos) sempre que non coincida coa disputa de carreiras.
Fotos de adestramentos

domingo, 7 de octubre de 2012

IREA VILLA PECHA A TEMPADA CUNHA NOVA VITÓRIA




Na tarde de onte sabado pechábase a tempada para Escolas e Cadetes co Gran Premio San Froilán de Lugo e a longa viaxe tiña a súa recompensa en forma de dous Trofeos das mans de Yasir Martínez e Irea Villa.
Pois comenzaba a competición coa categoría de Benxamíns e alí os dous únicos representantes rosaleiros colleitaban cada un seu Trofeo xa que a Yasir escapábaselle a vitória por tan só 3 centésimas e colleitaba o segundo posto do “caixón”. Logo era o turno de Irea que a piques estaba de subir o Pódio por partida dobre, xa que remataba cuarta absoluta e facíase coa vitória na categoría Feminina.
En Alevíns Mario Fernández remataba 20º e María Correa 22ª absoluta e 3ª Fémina.
En Infantís Ero Sobrino era o millor clasificado, concretamente no 15º posto, Xoel Villa 16º, Zaida González 29ª absoluta e 2ª Fémina, Claudia Portela 31ª absoluta e 3ª Fémina i Elsa Portela 32ª absoluta e 4ª Fémina
Tamén onte pero pola mañán comenzaba a competición da modalidade de Ciclocross en Ibias (Asturias) e ata alí desprazáronse os Junior Antonio Portela e Raúl Fernández que sobe de categoría e remataban 9º e 14º respectivamente. Os que tamén soben de categoría son Zaida, Ero e Xoel que pasan a formar o equipo Cadete de Ciclocross que entrarán en competición en datas vindeiras.
Tamén quermos suliñar que o domingo da pasada semana pechábase a competición da modalidade de MiniBTT en Marín e Claudia Portela remataba a tempada con outro espléndido 2º posto mentras que a súa irmán Elsa remataba 5ª na categoría Infantil Feminina. 

lunes, 1 de octubre de 2012

35º CRITERIUM FESTAS DO CRISTO

O pasado venres desprazámonos até a Vila do Louro donde se disputaba o 35º CRITERIUM FESTAS DO CRISTO DE PORRIÑO de categoría Júnior polas rúas do centro da Vila e en horario nocturno e que servía para poñer punto e final a tempada 2012 de estrada para os Júnior.
Era ésta unha proba por eliminación e o primeiro rosaleiro en cair era Adrian Dorna que se clasificaba 30º, o seguinte sería Adrian Vicente no 26º, Antonio Portela 19º, Manuel González 18º e Alex Lomba 17º.
Ésta carreira tamén servía para despedir a Alex Lomba e Manuel González que pasan a categoría Sub-23 e teñen que abandonar o Clube Ciclista O Rosal que lles desexa toda a sorte e que colleiten moitos éxitos nos seus próximos equipos.
Dende éste Clube amosámonos orgullosos de que pertencesen a ésta plantilla xa que os seus éxitos serán lembrados sempre como son os primeiros postos en varios Campionatos de Galicia i esa Medalla de Bronce no Campionato de España de Ciclocross 2012 en Gandía (Valencia).
Noutro orde de cousas, lembrar que o vindeiro sábado ímonos desprazar até Lugo que con motivo das festas de San Froilán, vaise disputar a derradeira carreira da tempada para as categorías de Escolas e Cadetes. A partir desa data os Cadetes e Júnior van centrar os seus esforzos en preparar a inminente tempada de Ciclocross.