Na tarde de onte sabado pechábase a tempada para Escolas e
Cadetes co Gran Premio San Froilán de Lugo e a longa viaxe tiña a súa recompensa
en forma de dous Trofeos das mans de Yasir Martínez e Irea Villa.
Pois comenzaba a competición coa categoría de Benxamíns e
alí os dous únicos representantes rosaleiros colleitaban cada un seu Trofeo xa
que a Yasir escapábaselle a vitória por tan só 3 centésimas e colleitaba o
segundo posto do “caixón”. Logo era o turno de Irea que a piques estaba de
subir o Pódio por partida dobre, xa que remataba cuarta absoluta e facíase coa
vitória na categoría Feminina.
En Alevíns Mario Fernández remataba 20º e María Correa 22ª absoluta
e 3ª Fémina.
En Infantís Ero Sobrino era o millor clasificado,
concretamente no 15º posto, Xoel Villa 16º, Zaida González 29ª absoluta e 2ª Fémina,
Claudia Portela 31ª absoluta e 3ª Fémina i Elsa Portela 32ª absoluta e 4ª Fémina
Tamén onte pero pola mañán comenzaba a competición da
modalidade de Ciclocross en Ibias (Asturias) e ata alí desprazáronse os Junior
Antonio Portela e Raúl Fernández que sobe de categoría e remataban 9º e 14º
respectivamente. Os que tamén soben de categoría son Zaida, Ero e Xoel que
pasan a formar o equipo Cadete de Ciclocross que entrarán en competición en
datas vindeiras.
Tamén quermos suliñar que o domingo da pasada semana
pechábase a competición da modalidade de MiniBTT en Marín e Claudia Portela
remataba a tempada con outro espléndido 2º posto mentras que a súa irmán Elsa
remataba 5ª na categoría Infantil Feminina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario