Na tarde de onte domingo en Bembribe (Vigo) o C.C. O Rosal conquistou
outros cinco novos Pódios dos cuales foron unha vitória, dous segundos e dous
terceiros postos.
Comenzaron como de costume os Principiantes e de novo Yasir
Martínez non deixaba escapar a vitória seguido polo seu compañeiro David Rodríguez
que acadaba o 2º posto, Iker Rodríguez 6º, Sergio Vicente 10º, o irmán deste último
David Vicente 15º e Pablo Rodríguez 20º.
En Alevíns Iago Alvarez era 9º mentras que nas Féminas chegaba
outro Pódio de parte de Irea Villa que nun gran esprint final conseguía facerse
co terceiro posto.
Pola súa parte os Infantís remataban 30º Mario Fernández e
34º David Fletcher mentras que a Fémina María Correa subía de novo o “caixón” o
rematar na 2º posición.
A Cadete Feminina Zaida González, era a encarregada de
facerse co 5º trofeo o rematar na terceira posición mentras que os seus
compañeiros masculinos tiñan desta volta unha discreta actuación i Ero Sobrino
era o millor calsificado o rematar 22º, Xoel Villa 29º e Manuel Dorna vítima
dunha avaría mecánica quedaba moi retrasado e terminaba a proba na 37º posición.
Tamén onte pola mañán en Teo, o Júnior Raúl Fernández
reaparecía despois de dúas semanas convalecente e acadaba un prometedor 5º
posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario