Gran peche de tempada da plantilla do club Ciclsta O Rosal
con cinco pódios acadados nesta fin de semana en Porriño.
Comenzábase o venres dia 2 coa clásica nocturna polas rúas
do centro da vila donde as 20:00 horas comenzaban os Júnior con Xoel Villa no 25º
posto, Ero Sobrino no 27º e Adrián Santomé no 30º.
A volta das 22:30 horas eran as Féminas as que entraban en competición
e María Correa acadaba o 4º posto en Cadete mentras que unha combativa Zaida
González poñíalle a guinda a sua fantástica tempada co terceiro posto en Júnior.
Xa na tarde de onte sábado, na pista de Torneiros eran as
categorías de Escolas os encarregados de rematar a faena e en Promesas era
Pablo Rodríguez o que se alzaba coa vitória mentras que David Vicente facía 8º.
En Principiantes de novo vitória para o C. C. O Rosal con
Rubén Carnero no máis alto do “caixón” seguido do seu irmán David no 4º posto e
de Iker Rodríguez no 6º.
En Alevín era Laura Teniente a que nos “sacaba as castañas
do lume” o alzarse co segundo posto no pódio mentras que en Masculino era Adrián
Alonso o millor clasificado o rematar 9º seguido de Yasir Martínez 23º e Sergio
Vicente 31º.
Remataban a tarde a categoría Infantil e aquí era outra Fémina
a que nos representaba no “caixón” pois Carmen Bello nun apretado esprint colleitaba
o terceiro posto con Irea Villa no 7º. En Masculino boa carreira de Mario Fernández
que a piques estaba de acadar posto no pódio e remataba 5º seguido de Diego
Santomé no 12º e de Iago Alvarez no 18º.
Unha vez pechada a tempada de estrada toca descanso ata maio
mentras que as categorías de Cadete e Júnior despois dunha breve pausa,
comenzarán os adestramentos de cara a tempada de Ciclocróss que como ven sendo
habitual nos derradeiros anos será o Club Ciclista O Rosal o encarregado de
inaugurar o Calendario Galego coa organización do XVII Trofeo Montes de Eiras na
tarde do sabado 14 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario