Despois do parón invernal, nestas datas de pre-tempada e para non perder o ritmo de competición, onte sabado pola mañán, o técnico do C.C. O Rosal Iñaki Eiras desprazaba ata Baiona a sete integrantes da nosa plantilla para participar no IV DUATLON ESCOLAR nas inmediacións da praia de Ladeira.
Como era de esperar a nosa xente non está habituada a correr a pé e nesta especialidade perdían distancias con respecto os practicantes de Atletismo, pero na transición de bicicleta, ahí os nosos topabanse no seu ambiente e recuperaban moito do terreo perdido.
Comenzou o Benxamín Iker Rodríguez que remataba as duas mangas das que constaba a proba na 4ª posición.
En Alevín David Rodríguez acadaría a 8ª e 7ª posición mentras que Yasir Martínez remataba 9ª na primeira e por problemas fisicos xa non tomaba a saída na segunda.
En Infantíl gran carreira de Diego Santomé e Adrián Alonso. Diego remataría as dúas mangas na 2ª posición mentras que Adrián era 7º na primeira e 6º na segunda. En Feminino, Irea Villa remataba as duan mangas no 4º posto.
Remataba María Correa en Cadete Feminino que tamén acadaba a 4ª posición nas duas mangas.
Pola tarde no Auditorio de Goián a Júnior Zaida González era premiada na entraga de premios os millores deportistas do 2015 polo Concello de Tomiño.
Fotos do Duatlón
No hay comentarios:
Publicar un comentario