Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 24 de abril de 2016

COMENZOU A TEMPADA CON IKER MANDANDO EN PRINCIPIANTES

Dobre cita onte sábado en Terras do Barbanza coa categoría Júnior competindo no BTT XCO de Castro Barbudo en Rianxo e no veciño concello de Boiro donde competían os Cadetes i Escolas.

Comenzamos polo BTT de Rianxo i en Cadete debutaba por vez primeira en competición a derradeira incorporación a plantilla do C.C. O Rosal como é Rafa Rey que remataba nunha meritória 15ª posición.
En Júnior eran catro os nosos representantes e Xoel Villa era o millor clasificado o rematar 8º seguido de Adrián Santomé 9º, Cesar Cividanes 10º e Javi Santos 11º.

Xa en Boiro daba comenzo o calendario galego 2016 de estrada e o Principiante Iker Rodríguez comenzaba mandando un recado os seus rivais o vencer nesta categoría. Un dos rivais que lle vai a poñer as cousas difíciles a Iker atopao no seu própio equipo pois o seu compañeiro Pablo Rodríguez era o autor do millor tempo ata eses intres, pero un erro en forma de pé o chan facía que descendese ata a 10ª posición.

En Alevíns o millor era Sergio Vicente que se levaba a 8ª posición. Suliñar o gran debut dos irmans Carnero Taveira que veñen da Ximcana i ésta era a súa primeira carreira en estrada cuns esperanzadores 11º posto para Rubén e 16º para David. Entre eles clasificabase Yasir Martínez co 12º posto, con David Rodríguez un chisco máis retrasado no 18º.

En Infantís Diego Santomé pasaba nas primeiras voltas loitando nas primeiras posicións para logo ceder no seu rendimento e rematar 8º mentras que Adrián Alonso que tamén debutaba nesta categoría remataba 15º.
En Féminas Irea Villa realizaba unha carreira moi regular e acadaba o 5º posto.

Para rematar quedanos por comentar a categoría de Cadetes cun percorrido de 49 Kms.polas estradas de Boiro e Rianxo donde mediada a carreira a Fémina María Correa quedaba descolgada da cabeza de carreira i era baixada da mesma mentras que o seu compañeiro Mario Fernández que debutaba na categoría remataba 21º.
Fotos de Boiro
Fotos de Rianxo por Paco Santomé

No hay comentarios:

Publicar un comentario