Na tarde de onte sábado coa disputa do Trofeo Concello de Carballo daba comenzo a tempada do calendario galego 2017.
A escasa representación rosaleira non foi causa para non traer de Carballo duas grandes vitórias.
O primeiro en acadala foi o Promesa Roi Alvarez que nuha Ximcana sin ningún erro, foi o máis rápido para levarse o trofeo de vencedor.
En Principinates, Irene Rodríguez era traicionada polos nervos de comenzo de tempada e cometía dous erros que a facían baixar ata a 5ª praza.
O Infantíl Adrián Alonso comenzaba a tempada con problemas mecánicos e víase obrigado a retirarse o ser alcanzado pola cabeza de carreira.
En Cadetes debut na categoría da Fémina Irea Villa que facía un percorrido de 33 kilómetros pola comarca de Bergantiños acadando un gran 5º posto. Mesmo percorrido para os seus compañeiros Iago Alvarez que quedaba un chisco descolgado e entraba na 25º posición mentras que Mario Fernández disputaba o esprint na cabeza de carreira para entrar na 14ª posición.
María Correa era a encarregada de defender as cores do C.C. O Rosal na categoría Júnior e o facía da millor das maneiras o levarse o triunfo en Féminas despois de realizar o mesmo percorrido que Irea, Iago e Mario.
Fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario