Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 11 de octubre de 2018

PODIO DE ZAIDA EN POIO MENTRAS OS SEUS COMPAÑEIROS DISFRUTAN DO G.P. ALBERTO CONTADOR


Con un pouco de retraso, pero aquí estamos fieis a nosa cita de cada fin de semana de competición na que destaca o comenzo da tempada de Ciclocross donde de novo voltaba Zaida González que toma parte na categoría Sub23 e na cual acadaba o 2º posto nesta carreira inaugural de Poio. Debut na categoría Júnior para Iago Alvarez que por problemas físicos se vía obrigado o abandono.

Por outro lado os Principiantes, Alevíns e Infantís desprazabanse a localidade madrileña de Pinto para participar no G.P. ALBERTO CONTADOR e vos deixamos as aventuras relatadas polo noso directivo e monitor Alberto Rodríguez Sobrino:

O pasado fin de semana oito ciclistas do Club Ciclista O Rosal vivían una nova experiencia ó desprazarse a Madrid para tomar parte na “II Carrera Popular y Escuelas Fundación Alberto Contador”.

Tomaban a saída o sábado ás 10:30 no furgón do club nun viaxe sen presa alguna, chegando ó hotel ás 18:00. O primeiro foi subir ás habitacións para mudarse e sair a rodar un pouco para estirar as pernas.
Ó chegar ó hotel de volta do paseo recibiunos Félix Gómez, o artífice de que o club fora a participar nesta proba en particular, amante do mundo da bicicleta, ligado á Fundación Alberto Contador e actual director deportivo da U.C. Costamasnaga de Italia. Íamos a ducharnos e quedamos con él no hall do hotel ás 20:45. No momento de baixar das habitacións sorprendeunos coa visita de Alberto Contador, que se desprazou ó hotel para estar co equipo italiano e con nos.  A experiencia para @s nos@s ciclistas queda reflexada nas fotos que acompañan a este artículo, inolvidable: a cercanía que amosou Alberto, as anécdotas que compartiu con eles, os consellos,..
O domingo chegou o día da proba, aínda que estábamos perto había que madrugar xa que quedáramos en ir en bici co equipo italiano U.C. Costamasnaga ata o circuito. A conformación da parrilla de saída na Comunidade de Madrid é distinta a habitual en Galicia: en primeiro lugar chámanse á escola organizadora, que empeza a ocupar os caixóns de saída da primeira fila, segunda, ata formar tódolos seus corredores, a continuación as distintas escolas da Comunidade de Madrid ordeadas por sorteo previo, despois as escolas de fora da comunidades de Madrid  e para rematar os ciclistas non asignados a escolas o sen director deportivo. Deste xeito os nosos ciclistas, por sorteo, entraban na parrilla como club número 13 o que nos situaba case na parte final da parrilla, o que lastrou en inicio @s nos@s ciclistas.

Iniciaba a participación Javier Sanz que participaba na primeira manga de Infantís na que se desputaban 4 voltas ó circuito de 1,7 kms e clasificaban os 12 primeiros para a final. A proba foi moi distinta ás celebradas en Galicia: as dúas primeiras voltas foron “lentas” co pelotón agrupado e con charlas entre os corredores, acelerándose a proba na volta 3 para rematar a volta 4 nun sprint no que Javi, que sempre había rodado no grupo, rematara na posición 15, a piques de clasificarse para a final.
A seguinte proba foi a de alevín onde tomaban a saída Iker, Irene, Pablo y Diego dun total de 59 participantes.  Iniciando a proba nas posicións traseiras, tiveron que ir remontando posición conseguindo Iker rodar co pelotón dianteiro a partir da volta 3 das 5 que tiñan que dar. Todos eles foron remontando, rematando Iker 9º na desputa do sprint final, Pablo, que foi de menos a mais toda a proba, rematou na posición 27º e Diego, sempre pelexando e conseguindo adiantar a varios grupos, na posición 31º. A nosa fémina, Irene, rematou 9ª.
A última proba na que participaron os nosos ciclistas foi a de principiantes onde Roi e Unai debutaban nunha proba en circuito. Acostumados as xincanas das probas en Galicia tiveron que desputar una proba a dúas voltas no circuito de 1,7 kms, completando 3,4 kms. Case setenta ciclistas tomaban a saída nesta categoría e non quedou outra que remontar dende o final da parrilla. Roi era quen de finalizar na posición 50º mentres que Unai exhibía o seu potencial conseguindo, nunha proba tan corta, enlazar coa cabeza do pelotón e finalizar nunha máis que meritoria 16º praza.

O viaxe de volta foi una mezcla de tristura por que se acabara o seu primeiro desprazamento e de ledicia pola gran experiencia ciclista vivida.

Graciñas a Félix Gómez por facer posible este sono para @s nos@s nen@s!
FOTOS DE POIO
FOTOS DE PINTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario