Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de diciembre de 2018

MEDALLA DE PRATA PARA ZAIDA GONZALEZ NOS CAMPIONATOS DE GALICIA



Na mañá de oxe voltabamos o Hipódromo de Campañó (Pontevedra) donde se disputaban os Campionatos de Galicia de Ciclocrós e que supoñían o peche o Calendario Galego da especialidade despois de ter rematado a Copa Galicia na semana pasada.

O Júnior Iago Alvarez era o primeiro en rematar a competición, donde acadaba o 14º posto mentras que Xoel Villa era 5º en Sub-23.
Era Zaida González a que en Sub-23 féminas subía o podio e se facía coa Medalla de Prata o rematar 2º da súa categoría.
Unha vez rematadas as carreiras, continuabase co acto de entrega de trofeos comenzando cos da Copa Galicia rematada fai unha semana continuando coas Medallas destes Campionatos que poñen fin a unha longa tempada do ciclocrós galego. Remataremos esta especialidade cos Campionatos de España que entre os días 11 e 13 de xaneiro se van celebrar na Illa das Esculturas da cidade de Pontevedra e a derradeira proba da Copa de Portugal o vindeiro día 20 en Melgaço.
FOTOS

lunes, 24 de diciembre de 2018

ZAIDA LÉVASE A COPA GALICIA COMO AGASALLO DE NADAL



Pois como ben decimos no encabezado o agasallo de Nadal de Zaida González chegóulle na mañán de onte domingo en Baños de Molgas en forma de Copa Galicia de Ciclocrós Sub23 feminino.

Pero imos comenzar cronoloxicamente xa que o sábado disputábase o XI Ciclocrós de Maceda e alí Zaida acadaba o 3º posto en Sub23 que lle valía para recuperar o "maillot" de líder da Copa Galicia que tiña perdido xornadas atrás.
Os seus compañeiros Xoel Villa e Iago Alvarez tamén acadaban boas posicións, pois Xoel remataba 5º en Sub23 e Iago 14º en Júnior.

E pasamos a xornada de onte domingo en Baños de Molgas donde Zaida milloraba unha posición con respecto o día anterior o rematar 2ª, o que xunto coa regularidade amosada durante toda a tempada, facía que se convertese na nova Campiona da Copa Galicia de Ciclocrós Sub23 feminino.
Xoel Tamén milloraba e voltaba a quedar as portas do podio o rematar novamente no 4º posto de Sub23 mentras que Iago se facía co 10º en Júnior.
FOTOS DE MACEDA
FOTOS DE BAÑOS DE MOLGAS 

domingo, 16 de diciembre de 2018

II TROFEO CONCELLO DE BETANZOS E SEGUNDO POSTO DE ZAIDA XUNTO CO CUARTO DE XOEL


Outro auténtico lameiro o de hoxe por mor da choiva caída durante a noite e tamén durante varias fases das carreiras no II Trofeo Concello de Betanzos de Ciclocrós.

Nesta mañán domingueira os nosos representantes eran os Sub-23 Zaida González e Xoel Villa que corrían o mesmo tempo. Pola súa banda Zaida dominóu a carreira dende o comenzo, posto que defendeu durante varias voltas pero que contra o final era superada por Marta Vila (Xtrembike) e tiña que conformarse co segundo posto. Si Zaida si oubese feito coa vitória de novo se vestiría coa camisola de líder da Copa Galicia.
Polo que concerne a Xoel, "outro remate o poste" , pois nunha saída fulgurante se situaba no cuarto posto da categoría, posto que defendeu durante toda a carreira para atravesar a liña de meta nesa mesma posición`.
FOTOS

sábado, 8 de diciembre de 2018

NOVA CARREIRA EN CAMPAÑÓ E NOVO PODIO DE ZAIDA


 Na mañán de hoxe sábado era a data do Ciclocrós Concello de Pontevedra disputado no Hipódromo de Campañó da capital do Lérez a donde se desprazaban os Sub-23 Xoel Villa e Zaida González.
Zaida continúa acarretando trofeos para a súa terra de Goián e repetía o posto acadado fai dous días en Boiro o rematar 2ª. Pola súa banda Xoel tamén repetía o posto de Boiro o facerse coa 6ª praza.
FOTOS

jueves, 6 de diciembre de 2018

ZAIDA NON SE BAIXA DO PODIO



Hoxe era en terras da Barbanza donde se disputaba o XXXII Trofeo de Ciclocross Concello de Boiro e de novo temos que contar outro podio de Zaida González.

O Júnior Iago Alvarez voltaba despois de saltarse a carreira de Carral e no día de hoxe remataba no 11º posto.
O mesmo tempo que Iago corrían as categorías de Sub-23 e alí tiñamos que deleitarnos con outro podio de Zaida que se facía co 2º posto mentras que en masculino o seu compañeiro Xoel Villa acadaba o 6º posto.
FOTOS