Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 24 de diciembre de 2018

ZAIDA LÉVASE A COPA GALICIA COMO AGASALLO DE NADAL



Pois como ben decimos no encabezado o agasallo de Nadal de Zaida González chegóulle na mañán de onte domingo en Baños de Molgas en forma de Copa Galicia de Ciclocrós Sub23 feminino.

Pero imos comenzar cronoloxicamente xa que o sábado disputábase o XI Ciclocrós de Maceda e alí Zaida acadaba o 3º posto en Sub23 que lle valía para recuperar o "maillot" de líder da Copa Galicia que tiña perdido xornadas atrás.
Os seus compañeiros Xoel Villa e Iago Alvarez tamén acadaban boas posicións, pois Xoel remataba 5º en Sub23 e Iago 14º en Júnior.

E pasamos a xornada de onte domingo en Baños de Molgas donde Zaida milloraba unha posición con respecto o día anterior o rematar 2ª, o que xunto coa regularidade amosada durante toda a tempada, facía que se convertese na nova Campiona da Copa Galicia de Ciclocrós Sub23 feminino.
Xoel Tamén milloraba e voltaba a quedar as portas do podio o rematar novamente no 4º posto de Sub23 mentras que Iago se facía co 10º en Júnior.
FOTOS DE MACEDA
FOTOS DE BAÑOS DE MOLGAS 

No hay comentarios:

Publicar un comentario