Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 14 de enero de 2019

IAGO ALVAREZ E ZAIDA GONZÁLEZ NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS


Este ano os Campionatos de España de Ciclocross disputabanse na cidade de Pontevedra, concretamente na Illa das Esculturas en pleno río Lérez e pola nosa parte participaban Iago Alvarez e Zaida González.

Todo comenzaba o venres día 11 coa disputa da carreira de relevos para seleccións e aquí chegaba a primeira alegría para a afección galega xa que a Selección de Galicia composta por Carlos Canal, Andrés Calvete, Irene Trabazo, Saúl López e Iván Feijoo se facía co primeiro ouro destes campionatos.

No día do sábado 12 as 9:30 comenzaban as carreiras nun terreo completamente xeado a Manuel González Ojea acadaba a segunda medalla galega o facerse coa Prata en Máster 60.
En Máster 30B Andrés Calvete lograba facerse co Bronce.

Chegamos o derradeiro día de competición no domingo 13 tamén as 9:30 e de novo co circuito xeado partía a categoría Júnior co noso Iago Alvarez que acadaba o 55º posto. Neta categoría chegaba outra Medalla de Ouro para Galicia da man de Carlos Canal que dominou a carreira de principio a fin.
A segunda carreira da xornada era a de Sub 23 masculina e de novo Medalla de Ouro con Iván Feijoo que gañou por diante do catalán Jofre Cullell.
Na terceira carreira da mañán tomaba a saída a nosa Zaida González que defendía as cores da Selección Galega facendose coa 21ª praza de Sub23-Júnior. Nesta mesma carreira chegaban as derradeiras medallas destes campionatos xa que Isabel Castro facíase co Ouro en Master 40B, Natalia Raña era Prata en Master 40A e Carla Fernández Bronce en Júnior.
FOTOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario