Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 24 de mayo de 2021

INICIO DA TEMPADA DE ESTRADA 2021 CON OITO PODIOS



 





 Foi esta unha intensa fin de semana, donde o noso plantel se desprazou ata tres localidades diferentes para dar comenzo a tempada 2021 na modalidade de estrada, cun inicio máis que prometedor, pois a nosa xente foi quién de traer para o Bixo Miño oito postos de podio cos seus respectivos trofeos.

Comenzouse na tarde de onte cruzando Galicia de sur a norte para chegar a comarca de Bergantiños para a disputa do Trofeo Concello de Carballo 2021 con 16 "rosaleir@s".

Os xincaneiros eran os primeiros en participar e os principiantes asinaban unha gran actuación, con Lucas Amaro no 5º posto, Marco Rodríguez no 7º e Simón Amaro no 13º. En féminas chegaba o primeiro podioda man de Lucía González.

En principiantes continuaba a boa racha xa que Mateo Rodríguez subía o máis alto do podio para facerse coa vitória, mentras que Diego Coimbra era 4º e Iker González facía 5º. En féminas a nosa representante era Saray Coimbra que non quería ser menos que o seu compañeiro Mateo e tamén se facía coa primeira posición.

Pasamos a categoría Alevín con Roi Alvarez que remataba no 8º posto e con Aitor Rodríguez que era 17º.

Un gran Diego Adrover no 6º posto, seguido doutros dous grandes como son Unai Fernández no 7º e Manuel Domínguez no 17º nos representaban na categoría Infantíl xunto cunha inmensa Irene Rodríguez que facía 6ª en féminas.

Remataba esta inmensa tarde de ciclismo outro corredor que ésta tempada está chamado a escribir grandes cousas na história do noso clube, que non é outro que Iker Rodríguez, quien na súa estrea na categoría Cadete acadaba o terceiro posto do podio. Foi mágoa que o seu compañeiro Miguel Teniente non clasificóu o remate da proba.

Con todo isto damos paso a mañá de hoxe na que salvo Saray e Diego Coimbra todos voltaban a competir, desta volta era na XX Carreira da Ascensión en Santiago de Compostela.

Lucas Amaro era un neno felíz o rematar a súa carreira de Promesa xa que se facía co seu primeiro podio o rematar no segundo posto. Marco Rodríguez facía sexto e Simón Amaro 10º, con Lucía González que hoxe tamén estaba no podio co segundo posto.

Outro que estaba cheo de ledicia era Mateo Rodríguez pois repetía o posto acadado onte en Carballo e se lebava a vitória o acadar o primeiro lugar e compartía podio co seu compañeiro Iker González que era terceiro.

 Paso adiante de Aitor Rodríguez que hoxe facía 9º en Alevín mentras que Roi Alvarez era 10º.

En Infantíl Unai Fernández repetía o posto de onte e remataba 7º mentras que Diego Adrover baixaba un chisco para quedar 11º,  Manuel Domínguez que se vai adaptando a competición remataba 15º. Mentras tano a fémina Irene Rodríguez tamé repetía posición eo rematar no 6º posto.

Pechaban os Cadetes con Iker Rodríguez que remataba perto dos postos de podio o acadar a 5ª posición e Miguel Teniente na 32ª.

O outro destino na mañá de hoxe tamén era o norte de Galicia, a comarca de Ferrolterra donde a nosa Infantíl Arantxa Gómez participaba no VI MINIBTT VAL DE ESMELLE donde se facía cunha gran 7ª posición.

Deste esta páxina agradecemos a Xunta Directiva do Club Ciclista Compostelano que fixo todo o posible para que os nosos ciclistas poideran pernoctar en Santiago para non ter que desprazarse O Rosal e levar o madrugón para asistir a súa carreira. MIOTAS GRAZAS. 

A vindeira fin de semana non haberá competición, pero non estaremos descansando xa que estaremos de cheo preparando a nosa carreira XV Trofeo Montes do Rosal para o día 5 de xuño, que como tódolos anos se celebra nos arredores da Praza do Calvario.

lunes, 3 de mayo de 2021

PRIMEIROS PODIOS DA TEMPADA 2021

 


Comandados por Alberto e Trigo, no día de onte catorce d@s nos@as completaban a expedición que participou no Mini BTT de Ponteareas, de donde  voltaron con moi boas sensacións, xa que nestas terras do Condado acadabanse os primeiros podios da tempada da man de Lucía González e da debutante Zoe del Río.

Os Benxamíns participantes eran Simón Amaro 15º e Aarón del Río 17º xunto coa fémina Zoe del Río que na súa primeira carreira remataba na terceira posicón, acadando desta maneira o seu primeiro podio.

En Promesa A, Lucas Amaro facíase co 13º posto e Marco Rodríguez co 32º mentras que en féminas Itzel del Río debutaba cunha estupenda 9ª posición. Pola súa parte Lucía González colleitaba o 3º posto, que significaría o segundo podio para o C. C. O Rosal.

En Principiante B tíñamos tres representantes, que eran Mateo Rodríguez que remataba no 27º posto, Tiago Cedeira no 41º e Iker González no 43º.

O Alevín Roi Alvarez foi que de facer lucir as nosas cores cunha máis que merecida 16º posición.

Unai Fernández no 32º posto, Manuel Domínguez no 41º e a fémina Irene Rodríguez no 13º, eran os nosos participantes na categoría Infantíl e os encargados de pechar a participación "rosaleira" neste segundo Mini BTT da tempada 2021.  

FOTOS DE PONTEAREAS