Comandados por Alberto e Trigo, no día de onte catorce d@s nos@as completaban a expedición que participou no Mini BTT de Ponteareas, de donde voltaron con moi boas sensacións, xa que nestas terras do Condado acadabanse os primeiros podios da tempada da man de Lucía González e da debutante Zoe del Río.
Os Benxamíns participantes eran Simón Amaro 15º e Aarón del Río 17º xunto coa fémina Zoe del Río que na súa primeira carreira remataba na terceira posicón, acadando desta maneira o seu primeiro podio.
En Promesa A, Lucas Amaro facíase co 13º posto e Marco Rodríguez co 32º mentras que en féminas Itzel del Río debutaba cunha estupenda 9ª posición. Pola súa parte Lucía González colleitaba o 3º posto, que significaría o segundo podio para o C. C. O Rosal.
En Principiante B tíñamos tres representantes, que eran Mateo Rodríguez que remataba no 27º posto, Tiago Cedeira no 41º e Iker González no 43º.
O Alevín Roi Alvarez foi que de facer lucir as nosas cores cunha máis que merecida 16º posición.
Unai Fernández no 32º posto, Manuel Domínguez no 41º e a fémina Irene Rodríguez no 13º, eran os nosos participantes na categoría Infantíl e os encargados de pechar a participación "rosaleira" neste segundo Mini BTT da tempada 2021.
No hay comentarios:
Publicar un comentario