Na pasada fin de semana o seleccionador galego José Manuel Abalo fixo a súa selección de seis corredores para participar na Vuelta al Besaya Cadetee entre eles atopabase o noso Iker Rodríguez que realizou unha gran prestación durante os tres días que durou a mesma o rematar como 10º clasificado como cadete de primeiro ano. Deixamosvos coa crónica da Federación Galega de Ciclismo:
Cunha rolda de tres etapas en Cantabria a Selección de Galicia cadete puxo o broche ao seu calendario da temporada 2021. O combinado dirixido por Jose Manuel Abalo participou ata este luns na Vuelta al Besaya, unha competición na que a formación autonómica foi de menos a máis. No último día, Tomás Pombo meteuse no Top-10 da xornada entre os ciclistas de primeiro ano e Iker Rodríguez selou a súa presenza entre os dez mellores na clasificación xeral dos máis novos.
A challenger cántabra non arrancou como lle gustaría á Selección. Na contra o reloxo por equipos inicial cedeu 30 segundos respecto ao Valverde Team-Terras Fecundis, conxunto vencedor no circuíto de Torrelavega, e ao día seguinte, en Reinosa, tres ciclistas do combinado galego deron cos seus ósos no chan e un deles tivo que ser trasladado ao hospital.
Despois de dúas xornadas amargas, a escuadra autonómica recuperouse para despedir a experiencia no Besaya cun bo sabor de boca. O luns, en Los Corrales de Buelna, Tomás Pombo logrou a oitava posición entre os corredores de primeiro ano, e a 28ª absoluta, nun percorrido de 57 quilómetros no que a Selección deixouse ver á fronte da carreira participando en fugas.
Nas clasificacións finais, Iker Rodríguez rematou como o décimo mellor 'novato', correspondéndolle a 56ª praza nunha táboa absoluta na que Tomás Pombo ocupou a 69ª posición, Ricardo Liste a 76ª e Mauro Amor a 125ª.
Por outro lado no día de hoxe a nosa infantil Arantxa Gómez desprazouse ata terras coruñesas para competir no XX MINI BTT CONCELLO DE CAMBRE no que acadaba a 10º posición da súa categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario