Continuamos co inicio da tempada de Ciclocross e no sábado as nosas rapazas participaban no GRAN PREMIO CICIDADE DE PONTEVEDRA e no domingo no CICLOCROSS INTERNACIONAL XAXÁN DE MARÍN, ambolosdous de categoría internacional.
En Pontevedra as nosas cadetes realizaban unha gran carreira, rematando Irene Rodríguez na 17ª posición e Arantxa Gómez na 19ª.
No domingo en Marín de novo as dúas pelexaban por rematar o máis arriba posible e desta volta era Arantxa a que acadaba o 15º posto e Irene o 16º. Nesta carreira tamén participaba o Máster-40 Oscar Trigo que acadaba o 66º posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario