Na mañá de onte día 6 estabamos por terras do Barbanza coa nosa cadete Irene Rodríguez que tomaba parte no XXXIV CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO no que baixo unha intensa choiva tomaba a saída na que baixaba ata posicións traseiras da carreira, para logo según ía avanzando a mesma, ir subindo postos para rematar no 10º.
Por outro lado o seu pai e noso directivo e director deportivo Alberto Rodríguez recibiu unha das camisetas con a que aló polo pasado mes de outubro lle mostrabamos o noso apoio para que se recuperase dos seus problemas de saúde. Esta camiseta foi asinada por parte do C.C. O ROSAL e por moita da xente que formamos a "familia do ciclismo galego". Os nosos compañeiros do Club Ciclista Barbanza tamén se unían a homenaxe e agasallaban a Alberto cun fermoso ramo de flores alén de todas as mostras de cariño ofrecidas. Grazas a tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario