A tarde de onte foi a entrada en escena do Club Ciclista O
Rosal na organización da primeira das tres carreiras que ten previstas para
este 2022. Este XVI TROFEO MONTES DO ROSAL supoñía todo un reto para nós, xa
que debido as obras que se están a levar a cabo na Praza do Calvario, nos
obrigaba a renunciar o tradicional circuito e buscar outra alternativa, e xa no
mes de xaneiro a Xunta Directiva se poñia “mans a obra” na busca desa alternativa
e deseñaba un circuito que tiña como base de operacións a recta do Camiño do
Cardal, na que se tratou de buscar o circuito máis atractivo posible dentro dos
nosos límites, e donde o resultado foi esta alternativa que resultou moi ben
recibida polos participantes.
No estrictamente deportivo, un total de 273 deportistas
dende o 3 ata os 18 anos se citaban na nosa proba dos cuais 103 procedían do
noso veciño Portugal.
Comenzaron as categorías de Promesas e Principiantes coa
proba en liña para logo participar na xincana e a nosa representación
empregábase a fondo para estar nos primeiros postos xa que na categoría Promesa
Iván Lázaro facíase coa súa primeira vitória dende que compite co noso clube.
Era seguido por Roi Fernández 13º, Hugo González 14º, Aarón del Río 15º, Lucas
González 16º, Simón Amaro 18º e Aitor Castro 20º. As súas compeñeiras non eran
menos, pois Lucía González voltaba o primeiro posto do podio seguida por Alba
Rodríguez que era 3ª e Zoe del Río 5ª.
Outro que tamén subía por vez primeira o podio era Tiago
Cedeira co 3º posto na categoría Principiante con Lucas Amaro 13º e Marco
Rodríguez 14º. Antía Fernández quedaba a
un “tris” do podio o rematar 4ª.
Gran carreira de Saray Coimbra que se facía co seu primeiro
podio na categoría Alevín co terceiro posto. En masculino gran carreira dos
nosos representates con Aitor Rodríguez cun gran 8º posto e os debutantes en
estrada Xoel González e Aitor Gil cos postos 13º e 20º respectivamente.
En Infantíl tanto Unai Fernández como Roi Alvarez tentaban
acadar un resultado de podio na casa pero tiñan que conformarse co 5º para Unai
e o 16º para Roi.
A nosa representacíon pechábase coa categoría Cadete con
Iker Rodríguez loitando sempre na cabeza da carreira pero que pagaría o
sobreesfozo o que foi sometido polas potentes equipas portuguesas e remataba nunha
gran sétima posición. Os seus compañeiros remataban máis retrasados con Diego
Adrover 36º, Miguel Teniente 37º e Manuel Domínguez 38º. En féminas a nosa
Irene Rodríguez voltaba a darnos outra lección de loita o rematar na 4ª
posición.
Agradecemos dende ésta páxina a colaboración da Comunidade
de Montes do Rosal, Concello de O Rosal, Protección Civil de O Rosal, Policía
Local de O Rosal, Bar Do Quesy pola posta a disposición dos Xuíces Arbitros do
seu local, a Cerraxería Vintanox que ofreceu un trofeo o/a millor corredor/a do
Club Ciclista O Rosal en cada categoría, e tamén como non a tódolas firmas
comerciais dos distintos ámbitos que fixeron realidade éste Trofeo Montes do
Rosal.
Sen tempo para o descanso, oxe as 7:00 da mañá collíamos de
novo a estrada para participar no Gran Prémio de Mini BTT organizado polo Club
Ciclista Ponteareas con estes resultados:
BENXAMIN: Lucas González 12º
PROMESA: Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 17º e Simón Amaro
18º.
PROMESA FEMININO: Lucía González 4ª e Alba Rodríguez 15º
PRINCIPIANTE: Mateo Rodríguez 9º, Lucas Amaro 17º e Tiago
Cedeira 29º.
PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Fernández 12º.
ALEVÍN: Xoel González 10º e Aitor Gil 14º.
FOTOS DO ROSAL
FOTOS DE PONTEAREAS