Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 5 de junio de 2022

PODIOS DE IVÁN, LUCÍA, ALBA, TIAGO E SARAY NO XVI TROFEO MONTES DO ROSAL

 






A tarde de onte foi a entrada en escena do Club Ciclista O Rosal na organización da primeira das tres carreiras que ten previstas para este 2022. Este XVI TROFEO MONTES DO ROSAL supoñía todo un reto para nós, xa que debido as obras que se están a levar a cabo na Praza do Calvario, nos obrigaba a renunciar o tradicional circuito e buscar outra alternativa, e xa no mes de xaneiro a Xunta Directiva se poñia “mans a obra” na busca desa alternativa e deseñaba un circuito que tiña como base de operacións a recta do Camiño do Cardal, na que se tratou de buscar o circuito máis atractivo posible dentro dos nosos límites, e donde o resultado foi esta alternativa que resultou moi ben recibida polos participantes.

No estrictamente deportivo, un total de 273 deportistas dende o 3 ata os 18 anos se citaban na nosa proba dos cuais 103 procedían do noso veciño Portugal.

Comenzaron as categorías de Promesas e Principiantes coa proba en liña para logo participar na xincana e a nosa representación empregábase a fondo para estar nos primeiros postos xa que na categoría Promesa Iván Lázaro facíase coa súa primeira vitória dende que compite co noso clube. Era seguido por Roi Fernández 13º, Hugo González 14º, Aarón del Río 15º, Lucas González 16º, Simón Amaro 18º e Aitor Castro 20º. As súas compeñeiras non eran menos, pois Lucía González voltaba o primeiro posto do podio seguida por Alba Rodríguez que era 3ª e Zoe del Río 5ª.

Outro que tamén subía por vez primeira o podio era Tiago Cedeira co 3º posto na categoría Principiante con Lucas Amaro 13º e Marco Rodríguez 14º.  Antía Fernández quedaba a un “tris” do podio o rematar 4ª.

Gran carreira de Saray Coimbra que se facía co seu primeiro podio na categoría Alevín co terceiro posto. En masculino gran carreira dos nosos representates con Aitor Rodríguez cun gran 8º posto e os debutantes en estrada Xoel González e Aitor Gil cos postos 13º e 20º respectivamente.

En Infantíl tanto Unai Fernández como Roi Alvarez tentaban acadar un resultado de podio na casa pero tiñan que conformarse co 5º para Unai e o 16º para Roi.

A nosa representacíon pechábase coa categoría Cadete con Iker Rodríguez loitando sempre na cabeza da carreira pero que pagaría o sobreesfozo o que foi sometido polas potentes equipas portuguesas e remataba nunha gran sétima posición. Os seus compañeiros remataban máis retrasados con Diego Adrover 36º, Miguel Teniente 37º e Manuel Domínguez 38º. En féminas a nosa Irene Rodríguez voltaba a darnos outra lección de loita o rematar na 4ª posición.

Agradecemos dende ésta páxina a colaboración da Comunidade de Montes do Rosal, Concello de O Rosal, Protección Civil de O Rosal, Policía Local de O Rosal, Bar Do Quesy pola posta a disposición dos Xuíces Arbitros do seu local, a Cerraxería Vintanox que ofreceu un trofeo o/a millor corredor/a do Club Ciclista O Rosal en cada categoría, e tamén como non a tódolas firmas comerciais dos distintos ámbitos que fixeron realidade éste Trofeo Montes do Rosal.

Sen tempo para o descanso, oxe as 7:00 da mañá collíamos de novo a estrada para participar no Gran Prémio de Mini BTT organizado polo Club Ciclista Ponteareas con estes resultados:

BENXAMIN: Lucas González 12º

PROMESA: Iván Lázaro 7º, Roi Fernández 17º e Simón Amaro 18º.

PROMESA FEMININO: Lucía González 4ª e Alba Rodríguez 15º

PRINCIPIANTE: Mateo Rodríguez 9º, Lucas Amaro 17º e Tiago Cedeira 29º.

PRINCIPIANTE FEMININO: Antía Fernández 12º.

ALEVÍN: Xoel González 10º e Aitor Gil 14º.

FOTOS DO ROSAL

FOTOS DE PONTEAREAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario