Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 25 de julio de 2022

PRIMEIRA VITORIA DE IRENE NA CATEGORÍA CADETE, NOVO TRIUNFO DE LUCÍA E SEGUNDO PARA UNAI

 




Fín de semana de tres días e outros tantos de competición, pois o sábado participábamos no X Trofeo Mini BTT Concello de Arteixo, onte domingo no XXI Gran premio Concello de Cambre e hoxe luns no Mini BTT Concello de Abegondo.

A expedición desprazada a Arteixo estaba composta por cinco “rosaleir@s”, donde debutaba máis cativa do noso clube e que con apenas tres aniños recén cumpridos, Rosalía González acadaba a cuarta posición da categoría Benxamín femenina mentras que en masculino o seu irmán Lucas clasificaba na 16ª posición.

En Promesa o 11º posto era para Iván Lázaro, mentras que Mateo Rodríguez era 14º en Principiantes e 6º para Xoel González en Alevín , o que significaba a súa millor clasificación no que vai de tempada.

Na proba de estrada de Cambre temos outra nova vitória de Lucía González, son Alba Rascado no 4º e Rosalía González no 6º. En masculino Iván Lázaro era 6º e Lucas González 10º.

En Principiantes, cuarto posto para Tiago Cedeira e sétimo para Marco Rodríguez.

Noveno posto para Saray Coimbra en Alevín feminino e 10º para Aitor Rodríguez en masculino.

A Unai Fernández xa tan só lle falta a vitória na categoría Infantíl, pois no día de onte voltava o segundo posto e o 7º era para Roi Rodríguez que seicontinúa con ésta progresión para a tempada que ven será un asiduo os podios.

Rematamos como sempre coa categoría Cadete donde Iker Rodríguez se facía co 7º posto, e con Irene Rodríguez que nos daba unha grande alegría o demostrar que con traballo e constancia, mais tarde ou mais cedo a recompensa sempre chega e desta volta foi o acadar a a súa primeira vitória en Cadete feminino.

Polo que respecta o día de hoxe en Abegondo, era tres os nosos representantes con estes resultados:

En Benxamín 16º posto para Aitor Castro, 19º para Mateo Rodríguez en Principiante e 12º para Xoel González en Alevín.

FOTOS DE ARTEIXO

FOTOS DE CAMBRE

FOTOS DE ABEGONDO

No hay comentarios:

Publicar un comentario