Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 18 de septiembre de 2022

MINI BTT EN SANTIAGO E DESCENSO EN VILABOA

 


Dous desprazamentos na mañá de hoxe, o Mini Btt Cidade de Santiago e o Descenso de Vilaboa.

En Santiago Aitor Castro facía 21º e Aarón del Río 22º en Benxamín, mentras que en Promesa o 18º posto era para Roi Fernández e o 23º para Simón Amaro. En feminino Lucía González era 4ª e Itzel del Rio 5ª.

En Pricipiante A, Mateo Rodríguez acadaba o 20º posto mentras que en B Lucas Amaro tamén facía 20º. Pola súa parte a fémina Antía Fernández era 14ª.

En Alevín, 8º posto de Xoel González e 16º e 28º para Unai Fernández e Roi Alvarez na categoría Infantil.

No Descenso de Vilaboa a Cadete Arantxa Gómez subía de novo o podio co 2º lugar do mesmo, o que lle valía para proclamarse Subcampiona da Copa Galicia mentras que Diego Adrover era 11 en masculino.

FOTOS DE SANTIAGO

FOTOS DE VILABOA


No hay comentarios:

Publicar un comentario