Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 17 de abril de 2023

CHEGAN OS DOUS PRIMEIROS PODIOS DO 2023

 



No maña do día de hoxe en Marín deu comenzo a tempada de Ciclismo en Estrada en Galicia, pero comenzamos tamén nesta mesma xornada co VIII Mini BTT Val de Esmelle, donde participaron dous dos nosos Alevíns como son Xoel González e Mateo Rodríguez. Xoel acadaba un gran 5º posto co non menos interesante 26º de Mateo.

Xa pola tarde en Marín paraticipaba o groso da nosa equipa nas categorías de Promesa, Principiante, Alevín, Infantil e Cadete.

En Promesa, gran debut de Darío Castro quen na súa primeira participación oficial acadaba o 5º posto, seguido inmediatamente por Iván Lázaro, Simón Amaro e Aitor Castro.  

En Principiante chegaban o primeiros podios. Marco Rodríguez era segundo e Lucas Amaro 6º en masculino, mentras que Alba Rascado tamé acadaba posto de podio co terceiro posto en feminino.

Na categoría Alevín o millor rosaleiro era Diego Coimbra no posto 16º, con Tiago Cedeira 23º e Iker Gomzález 29. En Féminas Saray Coimbra remataba 5ª

Gran 4º posto de Roi Alvarez e 28º de Aitor Rodríguez en Infantil, mentras que en Cadete Unai Fernández facía 30º e Irene Rodríguez 7ª en féminas.

ESMELLE

MARÍN

No hay comentarios:

Publicar un comentario