Cinco podios foron os que se acadador no pasado sábado día 22 no veciño concello de Oia, na proba organizada polo Club Ciclista Oiense.
Comenzamos pola categoría Promesa donde a debutante Elisa Vázquez acadaba o 5º posto. En masculino chegaba o primeiro dos podios, da man de Iván Lázaro que subía o segundo caixón. Era seguido por Darío Castro 7º, Aitor Castro 9º e Hugo Torres 12º.
En Principiante de novo Alba Rascado colleitaba un posto de podio o rematar 2ª. En masculino Marco Rodríguez clasificaba 15º.
En Alevín 13º posto para Saray Coimbra, mentras que en masculino Mateo Rodríguez era 14º e Diego Coimbra 24º.
En Infantil chegaba o primeiro podio na categoría para Roi Alvarez despois de agasallarnos cunha espectacular carreira e rematar no terceiro posto.
Non menos emocionate estivo a prestación de Unai Fernández que na carreira disputada polas estradas de Oia, A Guarda e O Rosal e que pasaba por diante da porta da súa casa, nos obsequiaba cun fantástico segundo posto na categoría Cadete, mentras que en féminas e no mesmo trazado, Irene Rodríguez remataba oitava.
No domingo 23 Xoel González tomaba a saída no II Mini DH de Manzaneda no que sofría unha caída que se saldaba cunha fractura de clavícula.
O martes 25 no Mini Btt de Arteixo o 6º posto da categoría Promesa era para Aitor Castro, mentras que Iván Lázaro voltaba a subir o podio, concretamente no 3º posto en Promesa.
Remataban os irmáns Rodríguez Souto co 10º posto de Marco en Principiantes e o 43º de Mateo en Alevín.
OIA (Fotos do Facebook de Santiago Baz Lomba)
ARTEIXO