Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 10 de julio de 2023

O CLUB CICLISTA O ROSAL ORGANIZOU OS CAMPIONATOS DE GALICIA

 


No día de onte as 11 da mañá daban comenzo os Campionatos de Galicia de Fondo en Estrada organizados polo noso Club Ciclista O Rosal para as féminas (tódalas categorías) e Cadete e Junior masculino. en féminas o título de campioa Cadete foi para Lorena Patiño (XSM), o de Junior para María Filgueiras, Sub23 para Laura Mira (EQUIPO FARTO) e o de Elite para Mª Jesús Noya (Kiwi Atlántico-Louriña).

En masculino o título de campión Cadete foi para Carlos Candal (C.C. Cambre), mentras que o de Junior era para Sergio Calvo (Eolo Kometa).

Por parte rosaleira tomaban a saída Unai Fernández 7º en Cadete masculino e Irene Rodríguen en Cadete masculino. O outro rosaleiro era Iker Rodríguez (C.C. Padronés), 23º en Junior.

Dende estas liñas, agradecemos a inestimable colaboración dos Concellos de O Rosal, A Guarda, Policias locáis de O Rosal e  A Guarda, Protección Civil, Xunta de Galicia e os membros da DGT. Agradecemos tamén a colaboración de CODELAUTO que poñía a nos disposición unha flota de seis vaícula e a ZONA DE OBRA polo patrocinio deste campionatos. Non podemos deixar de agradecer a indispensable colaboración de voluntarias e voluntarios que co seu afán de colaborativo fixeron que estes campionatos fosen outro éxito para o noso clube.

O ROSAL


 

En Outeiro de Rei mentras tanto tamén se participaba no Mini BTT Penas de Rodas con Rosalía González no 8º posto de Benxamín feminino, o 12º de seu irmán Lucas en masculino, 16º de Aarón del Río en Promesa, 9º de Zoe del Río en feminino, 10º de Zoe del Río en Principiante, para rematar con Xoel González 6º e Mateo Rodríguez 32º en Alevín.

OUTEIRO DE REI

No hay comentarios:

Publicar un comentario