Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA GRANDE NA PRESENTACIÓN DO CLUB CICLISTA O ROSAL 2022

 


Na tarde de onte celebrouse no Centro Polivalente do Concello de O Rosal a Asamblea Xeral Ordinaria do C.C. O Rosal e a seguir a mesma foi a presentación do CLUB CICLISTA O ROSAL 2022, nunha grande festa na tivemos o pracer de contar con Ánxela Fernández (alcaldesa do Rosal) e Óscar Sánchez representando a Federación Galega de Ciclismo, na que o rematar o acto se degustaron uns saborosos pinchos acompañados de viños de Adegas Xesteiro e Adegas Terras Gauda matriz do noso patrocinador Conservas Vaxetáis a Rosaleira, rematando con deliciosos postres caseiros elaborados polas familias do C.C. O Rosal.

Este acto tamén sirvíu para facerlle unha homenaxe a Mario Fernández, Iago Alvarez e Irea Villa, quen dende cativos estiveron sempre ligados o noso clube

Neste ano 2022 contamos de início con 11 licenzas da categoría Promesa, 6 de Principiante, 5 de Alevín, 2 de Infantil, 6 de Cadete, 2 de Elite e 5 de categoría Master 40.

O mesmo tempo a Xunta Directiva tamén anunciou as carreiras que vai organizar neste 2022 que son:

1.- XVI Trofeo Montes  d’O Rosal de estrada o dia 4 de xuño.

2.- XXV Trofeo Pista As Faias de estrada o día 27 de agosto.

3.- XXIV Trofeo Montes de Eiras de Ciclocrós 12 de novembro.

 

FOTOS DA PRESENTACIÓN

domingo, 13 de marzo de 2022

COMENZO DA TEMPADA 2022 CO MINI BTT E O BTT ENDURO DE VIGO


 
  
 

Despois do remate da tempada de ciclocross, retomamos a competición co inicio da tempada de BTT co MINI DH e o ENDURO de Saiáns (Vigo).

No MIni DH que se disputou na tarde de onte, estes foron os resultados:

Vitória de Lucía González en Promesa feminino, 10º posto de Lucas Amaro en Principiantes e 18º da nova incorporación Xoel González e 19º de Aitor Rodríguez en Alevin.

E mentras tanto en Pontevedra a nosa Cadete Irene Rodríguez participaba nunha xornada de convivencia organizada pola Federación Galega de Ciclismo

Na mañá de hoxe en Enduro vitória tamén para a Cadete feminina Arantxa Gómez e 12º e 13º para Diego Adrover e Manuel Domínguez respectivamente en Cadete masculino.


domingo, 12 de diciembre de 2021

I CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRAN ZFV-PORTO DO MOLLE


Hoxe pola mañá o Club Ciclista Coruxo organizaba o I CICLOCROSS CONCELLO DE NIGRÁN no Porto do Molle nun circuito cun deseño moi vistoso e duro polas choivas caídas nos días pasados, e ata alí partíamos coa nosa cadete Irene Rodríguez que mediada a mañá tomaba a saída da súa categoría na que partía coma "un foguete" para situarse na cuarta posición, un posto que defendería ata mediada a carreira pero que despois o esforzo realizado lle pasaba factura e ía baixando posicións ata rematar 8ª. "Grande Irene".

FOTOS
 

martes, 7 de diciembre de 2021

XXXIV CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO

 


Na mañá de onte día 6 estabamos por terras do Barbanza coa nosa cadete Irene Rodríguez que tomaba parte no XXXIV CICLOCROSS CONCELLO DE BOIRO no que baixo unha intensa choiva tomaba a saída na que baixaba ata posicións traseiras da carreira, para logo según ía avanzando a mesma, ir subindo postos para rematar no 10º.

Por outro lado o seu pai e noso directivo e director deportivo Alberto Rodríguez recibiu unha das camisetas con a que aló polo pasado mes de outubro lle mostrabamos o noso apoio para que se recuperase dos seus problemas de saúde. Esta camiseta foi asinada por parte do C.C. O ROSAL e por moita da xente que formamos a "familia do ciclismo galego". Os nosos compañeiros do Club Ciclista Barbanza tamén se unían a homenaxe e agasallaban a Alberto cun fermoso ramo de flores alén de todas as mostras de cariño ofrecidas. Grazas a tod@s.

martes, 30 de noviembre de 2021

FIN DE SEMANA DE CICLOCROSS CON IRENE EN A CAÑIZA E RIBADUMIA

 

Dobre cita de ciclocross para Irene Rodríguez en A Cañiza no sábado e en Ribadumia no domingo, donde non estivo acompañada como de costume por Arantxa convacelente dun proceso gripal e de Trigo que se atopaba inmerso nun curso de Mecánico en Carreira.

Na Cañiza Irene saía a carreira con moitas gañas e ata mediada a mesma, pelexaba pola quinta posición, pero según foi achegandose o final, Irene acusaba o esforzo realizado e baixaba ata o oitavo posto final.

No domingo en Ribadumia, Irene voltaba a competir con moitas gañas pero tiña que contentarse coa 10ª posición final.

A CAÑIZA

RIBADUMIA

domingo, 21 de noviembre de 2021

II CICLOCROSS CON da ROMAIÑA (SANXENXO)

 


Moi boa xornada a de onte das nosas cadetes Irene Rodríguez e Arantxa Gómez acompañadas do Máster-40 Oscar Trigo no II CICLOCROSS CON da ROMAÍÑA en SANXENXO.

Comenzaron as cadetes e xá de saída as nosas rapazas deixaban moi claras a súas intencións, que non eran outras que as de loitar polos postos de podio.

Nos primeiros metros Irene facíase dona da terceira posición que mantería ata mediada a segunda volta na que comenzaba a atoparse mal e a obrigaba a seu pesar a abandonar a carreira. Pola súa parte Arantxa que se situaba na sexta posición, co decorrer da carreira remontaba posicións ata a cuarta pero un percance donde a piques estaba de perder a bota do seu pé dereito, a facía baixar ata a quinta posición e aínda que loitou pola cuarta o final clasificaba quinta.

Pola súa banda o "incombustible" Oscar clasificaba no posto 62º de Máster-40.

FOTOS

domingo, 14 de noviembre de 2021

XXIII CICLOCROSS DE EIRAS E 1º TROFEO CONCELLO DE A GUARDA

 





Comenzamos pola xonada de onte sábado donde o Club Ciclista O Rosal organizaba o XXIII Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross cunha tarde esupenda no que respecta a climatoloxía e coa asistencia de 254 participantes.

En canto a nosa representación, abrían a participación as cadetes Arantxa Gómez e Irene Rodríguez con "carreirón" das dúas. Tomaban a saída sin consecuencias pero Irene cando levaba 300 metros de carreira sofría unha avaría mecánica que facía que baixase a derradeira posición. Con Arantxa por diante superando riváis e con Irene que sacaba a relucir a súa "casta" para ir recuperando posicións para o final acadar uns fantásticos 7º e 8º postos para Arantxa e Irene respectivamente.

En Elite feminino Zaida González animabase a disputar a carreira "da casa" e facía o seu debut nesta tempada. Con falta de adestramento por motivos laboráis, Zaida aínda era quién de acadar o 5º posto da clasificación.

Remataba o Máster-40 Oscar Trigo coa 57ª posición da categoría.

Dende aquí o Club Ciclista O Rosal agradece a colaboración da Comunidade de Montes de Eiras que despóis de varias xornadas de desbroce de tractor, poñia a nosa disposición o terreo donde o noso clube deseñaba un duro pero moi atractivo circuito de ciclocross. Non podemos esquecer tamén a Protección Civil de O Rosal, Concello de O Rosal e Xunta de Galicia así como a todo o equipo de voluntari@s que fixeron posible a realización deste evento.

Xa na xornada de hoxe os nosos exciclistas do C.C. InSitu organizaban o I Trofeo de A Guarda donde nesta xornada tamén se animaba a debutar nesta tempada o cadete Iker Rodríguez. Tomábase a saída e con apenas 20 metros disputados, Iker sofría un contacto con outro compañeiro que levaba os dou o chán, facendo que se tivesen que retirar. En féminas de novo Irene e Arantxa voltaban a loita e acadaban os postos 10º para Arantxa e 11º para Irene.

En Máster-40 Oscar Trigo repetía a posición de onte en Eiras e facíase co 57º posto.

Remataba Zaida González que na súa categoría de Elite feminina tamén repetía a 5º posición de onte.

Retrocedemos no tempo para lembrar que no 31 de outubro Irene tomaba a saída no XII CICLOCROSS CONCELLO DE CAMBRE donde acadaba a 12ª posición.

FOTOS DE EIRAS

FOTOS DE A GUARDA