Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 31 de enero de 2010
Clasificación final Ranking Ciclo-cross 2009-2010
Despois de finalizada a tempada a Federación Galega de Ciclismo publicou as clasificacións definitivas do Ranking Galego de Ciclo-cross 2009-2010 con brillantes resultados para os ciclistas do C.C. O Rosal. En Cadetes ésta foi a clsificación:
1º Antonio Portela, 4º Manuel González, 5º Alejandro Lomba, 6º Iván Morais, 11º Adrian Martínez e 13º Pablo Cividanes.
Categoría Junior:
10º Brais González e 19º Miguel Rodríguez.
Categoría Élite-Sub23:
Fernándo González 22º.
Como se pode apreciar a tempada realizada polos Cadetes foi casi que inmellorable xa que aparte de acadar o 1º posto conseguiron colocar a cuatro deles entre os seis primeiros ou os seis integrantes do equipo entre os trece primeiros.
Destacar tamén o grande esforzo realizado polos outros integrantes das categorías Junior e Sub-23.
Non podemos esquecernos do 2º posto no Campionato de Galicia nin do 5º posto no Campionato de España de António Portela.
A todos eles así como os Directores Deportivos, Directivos e Afeccionados que gracias o seu traballo fixeron posible estes éxitos, moitas felicidades.
domingo, 10 de enero de 2010
Antonio Portela "conquista" o 5º posto no Campionato de España
Fantástica a tempada dos Cadetes rosaleiros en ciclo-cross pois Toni Portela non contento co Subcampionato de Galicia e o 1º posto no Ranking Galego, éste domingo 10 de xaneiro co "maillot" da Selección Galega fíxose co 5º posto do Campionato de España de Ciclo-cross disputado na localidade cántabra de Laredo.
Foi ésta unha carreira infernal polo frío xa que o circuito estaba completamente nevado e xeado o que fixo que ese frío fose un dos protagonistas xa que os cadetes eran os que abrían a xornada as once da mañán. Pola súa parte Manuel González acadaba un meritorio 18º posto e Iván Morais o 34º dun total de 74 participantes. En cuanto os outros tres representantes da Selección Galega citamos o 9º posto de Daniel López (C.C. Cambre), o 10º de Angel Diz (C.C. Spol) e o 19º de Marcos Villar (C.C. Maceda).

sábado, 2 de enero de 2010
Toni vence o Ciclo-cross de Maceda e faise co 1º Posto do Ranking Galego
Foto cedida por Luz (Cambre)
Derradeira proba do Calendario Galego de Ciclo-cross 2009-2010 nos arredores do Castelo de Maceda e Toni Portela na categoría Cadete non podía despedirse da tempada doutra maneira que non fose a vitória inda que tivo que por todo da súa parte para poder doblegar o corredor local Marcos Villar que lle puxo as cousas moi difíciles xa que estaba diante dos seus siareiros e quería brindarlles unha vitória que o final veo para O Rosal. Con ésta vitória Toni tamén se proclama vencedor do Ranking Galego de Ciclo-cross con 890 puntos acadados nas once carreiras das que constaba o Calendario e das cuales Toni venceu cuatro e Manuel González venceu noutras duas. Manuel que hoxe fixo o 4º posto e Alex Lomba 8º tamén loitaron por estar entre os millores. Pablo Cividanes 12º e Adrián Vicente 15º completaron a clasificación. A parte negativa da xornada púxoa Iván Morais que cando estaba quecendo para disputa-la carreira sufría unha lesión que lle impedia a participación na mesma e que lle fai perigar a sua participación no Campionato de España a vindeira fin de semana.
En canto a categoría Júnior boa carreira a realizada por Brais González e Miguel Rodríguez que acabaron nos postos 10º e 12º respectivamente . O mesmo podemos decir de Fernando González que en Sub-23 acadou o 4º posto. Ver fotos aquí.

viernes, 1 de enero de 2010
Derradeira proba do Calendario Galego de Ciclo-cross en Maceda
Este sabado 2 de xaneiro dispútase a derradeira proba do Calendario Galego de Ciclo-cross 2009-10 que servirá para a posta a punto dos tres cadetes que acudirán o Campionato de España en Laredo como integrantes da Selección Galega e tamén para que Antonio Portela poida defender a vantaxe de 20 puntos sobre Angel Diz no Ranking Galego da presente tempada.
Esta carreira vaise disputar a partires das 3 do serán nos arredores do Castelo de Maceda (Ourense) nun circuito moi tecnico e con fortes repeitos segundo informa a páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)