Foto cedida por Luz (Cambre)
Derradeira proba do Calendario Galego de Ciclo-cross 2009-2010 nos arredores do Castelo de Maceda e Toni Portela na categoría Cadete non podía despedirse da tempada doutra maneira que non fose a vitória inda que tivo que por todo da súa parte para poder doblegar o corredor local Marcos Villar que lle puxo as cousas moi difíciles xa que estaba diante dos seus siareiros e quería brindarlles unha vitória que o final veo para O Rosal. Con ésta vitória Toni tamén se proclama vencedor do Ranking Galego de Ciclo-cross con 890 puntos acadados nas once carreiras das que constaba o Calendario e das cuales Toni venceu cuatro e Manuel González venceu noutras duas. Manuel que hoxe fixo o 4º posto e Alex Lomba 8º tamén loitaron por estar entre os millores. Pablo Cividanes 12º e Adrián Vicente 15º completaron a clasificación. A parte negativa da xornada púxoa Iván Morais que cando estaba quecendo para disputa-la carreira sufría unha lesión que lle impedia a participación na mesma e que lle fai perigar a sua participación no Campionato de España a vindeira fin de semana.
En canto a categoría Júnior boa carreira a realizada por Brais González e Miguel Rodríguez que acabaron nos postos 10º e 12º respectivamente . O mesmo podemos decir de Fernando González que en Sub-23 acadou o 4º posto. Ver fotos aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario