Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 10 de enero de 2010

Antonio Portela "conquista" o 5º posto no Campionato de España

Fantástica a tempada dos Cadetes rosaleiros en ciclo-cross pois Toni Portela non contento co Subcampionato de Galicia e o 1º posto no Ranking Galego, éste domingo 10 de xaneiro co "maillot" da Selección Galega fíxose co 5º posto do Campionato de España de Ciclo-cross disputado na localidade cántabra de Laredo.
Foi ésta unha carreira infernal polo frío xa que o circuito estaba completamente nevado e xeado o que fixo que ese frío fose un dos protagonistas xa que os cadetes eran os que abrían a xornada as once da mañán. Pola súa parte Manuel González acadaba un meritorio 18º posto e Iván Morais o 34º dun total de 74 participantes. En cuanto os outros tres representantes da Selección Galega citamos o 9º posto de Daniel López (C.C. Cambre), o 10º de Angel Diz (C.C. Spol) e o 19º de Marcos Villar (C.C. Maceda).

No hay comentarios:

Publicar un comentario