Mario Fernández vence de novo, desta volta no Trofeo San Xoan en Carballo (A Coruña) demostrando o seu dominio na categoría Benxamín. Moi boa actuación dos seus compañeiros con Irea Villa 13º, David Rodríguez 18º e Marcos Vasconcellos 28º.
En Alevíns o millor clasificado foi Manuel Dorna no posto 13º seguido de Ero Sobrino 18º e Zaida González 20ª.
Na categoría Infantil chegou outro dobre podio desta vez cun traballadísimo 2º posto de Andrés Fernández e o 3º de Raúl Fernández, chegando Cristobal Coimbra no 7º.
Finalmente na categoría Cadete a piques estivo Iván Morais de subir o "caixón" xa que na compaña doutros tres corredores protagonizou a escapada "boa"durante 24 km. pero un erro na derradeira curva non lle permitiu chegar mais aló do 4º posto. En canto os seus compañeiros, Manuel Gonzalez foi 9º, Alex Lomba 11º, Toni Portela 14º, Kevin Rodríguez 21º, Pablo Cividanes 23º, Adrian Vicente 26º e Adrian Dorna 28º.
Clasificación Fotos
Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
sábado, 26 de junio de 2010
domingo, 20 de junio de 2010
Antonio Portela triunfa en Madrid
Toni Portela acudiu este fin de semana a Madrid convocado coa Selección Galega para participar no XXXIX Trofeo Excelentísimo Ayuntamiento de Torrejón de Ardoz donde na xornada do sabado disputaba unha Contrareloxo por equipos sobre un percorrido de 14 km. donde xunto cos seus compañeiros de Selección se proclamaron vencedores con un tempo de 14 minutos e 49 segundos por diante de Alfaz del Pi de Valencia e da Selección Asturiana.
Na xornada do domingo disputouse unha etapa en linea sobre un percorrido de 63 km. donde Toni cruzou a liña de meta no pelotón o cual demostra o seu estupendo estado de forma.
Como podemos ver tamen acada exitos fora de Galicia.

sábado, 19 de junio de 2010
Vitorias de Irea, Zaida e Raúl na Praia de Eiras
Grande xornada de ciclismo a de hoxe na Praia de Eiras donde se disputou o II Trofeo de Mini BTT-Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores coa colaboración da citada Comunidade de Eiras, Banco Mediolanum, Concello do Rosal, Carpal Rosal S.L. e Ferretería Loymar entre outros.
E como non podía ser de outra maneira os nosos ciclistas fixeronse notar diante do seu público xa que corrían na casa e iso notouse nos resultados xa que dos quince Trofeos que había en xogo, cinco deles quedaron no Rosal.
Estes foron os resultados: En Pre-Benxamíns David Rodríguez foi 8º, Marcos Vasconcellos 10º e Alberto García 11º.
En Promesas Iago Alvarez fixo 4º en masculino e foi en femenino donde chegou o primeiro exito da tarde co 1º posto de Irea Villa.
En Principiantes os nosos representantes foron Mario Fernández e Manuel Pereira que fixeron 21º e 22º respectivamente.
En Alevín masculino Manuel Dorna foi 5º e Xoel Villa 7º e na mesma categoría pero desta vez en femenino acadouse un doble pódio donde chegou outra vitória desta vez da man de Zaida González e Claudia Portela 3ª e a irmán desta última, Elsa 4ª.
E foi na categoría dos "maiores" Infantís donde se acadou outro dobre podio cunha traballadísima vitória de Raúl Fernández que aparte de estar arrasando na modalidade de estrada, tamén nos demostra que pa unha carreira de MiniBTT que disputa, non defrauda os seus seguidores o mesmo que Cristóbal Coimbra que se fixo co 3º posto poñendo así fín a unha tarde de éxitos para os corredores rosaleiros.
Fotos.
domingo, 13 de junio de 2010
II Trofeo MiniBTT en Eiras (O Rosal)
O vindeiro sábado 19 de xuño a partir das 17:00 horas o C.C. O Rosal organiza na praia de Eiras o II Trofeo de MiniBTT-Comunidade de Montes de Eiras donde participarán mais de cen nenos e nenas das categorías Principiante, Promesa, Benxamín, Alevín e Infantíl.
Queremos tamén salientar que todos aqueles nenos e nenas entre os seis e os catorce anos e que non pertenezan a ningún Clube ou non estén Federados tamén poderán participar cos unicos requisitos de levar unha bicicleta de montaña e pagar unha cuota comprendida entre 8 e 10 euros para o pago dun seguro obrigatório de accidentes para a carreira.
Esperamos contar coa asitencia de moitos pais, os seus fillos e as suas bicicletas.

Toni Portela Subcampión Galego
Despois de proclamarse Subcampión Galego e 5º no Campionato de España de Ciclo-cross,
Toni segue facendo historia no Club Ciclista O Rosal xa que hoxe en Porriño proclamouse Subcampión Galego Cadete na modalidade de Contra-reloxo Individual a tan só 4 segundos do vencedor que foi David Seage do C.C. Padronés-Aluminios Cortizo. A piques de facerse co terceiro posto quedou Manuel González que pola minima diferenza dun segundo non pudo subir o caixón tendo que conformarse co 4º lugar da clasificación. Salientar tamén de maneira moi positiva a actuación dos outros compañeiros de equipo con Iván Morais 8º, Alex Lomba 12º, Pablo Cividanes 15º, Kevin Rodríguez 18º, Adrián Vicente 27º e Adrián Dorna 37º.
Na categoría Junior, esforzo e vontade non lle faltou os nosos acadando Brais Gonzalez o posto 22º e Miguel Rodríguez 26º despois de sofrer un pinchazo que o obrigou a ter que parar e cambiar de montura.
Clasificacións Fotos

sábado, 5 de junio de 2010
Carreiras en Mos e As Faias
Comenzámolo día desprazandonos até Herville (Mos) donde Iago Alvarez e Irea Villa disputaban alí o Trofeo organizado pola Fundación Oscar Pereiro donde Iago acadaba o 4º posto e Irea o 2º en duas tandas moi disputadas pero conseguindo Irea traer o trofeo do 2º posto feminino.
Pola tarde continuaba o éxito na Pista das Faias donde o Club Ciclista O Rosal organizaba o 19º Trofeo.
En Benxamins nova vitoria de Mario Fernández donde os seus compañeiros de equipo Manuel Pereira, Alberto García, David Rodríguez e Marcos Vasconcellos se fixeron cos 16º, 40º, 41º, e 43º postos respectivamente.
En Aleviíns a actuación dos nosos foi mais frouxa con Manuel Dorna 14º, Ero Sobrino 15º, Zaida González 19ª e as irmáns Portela, Claudia i Elsa 29ª e 32ª.
Os Infantís voltaron de novo o "caixón" do cual se negan a baixar e Raúl Fernández emulando a seu irman Mario que minutos antes vencera en Benxamíns, tamén se facía ca vitória nunha
carreira na que a falta de cinco voltas para o final demarrróu do pelotón para coller unha vantaxe de 200-300 metros que o final o levou o mais alto do pódio donde o acompañou o seu compañeiro Andrés Fernández co 3º posto e un pouco mais atrás no 11º Cristóbal Coimbra.
Finalmente na categotía Cadete , carreira moi competida con constantes ataques donde o mais salientable foi o do local Pablo Cividanes que estivo escapado seis voltas. Manuel González tamén subiu o pódio co 3º posto seguido de António Portela 4º, Alejandro Lomba 7º, Iván Morais 11º, Kevin Rodríguez 13º e Pablo que pagou o esforzo da escapada que acabou 18º. Non finalizaron a carreira os Adrians Dorna e Vicente que foron eliminados polos arbitros o quedar descolgados do grupo principal.
Fotos: Herville (Mos) As Faias

Suscribirse a:
Entradas (Atom)